Saltar navegación.
Inicio

Información para o alumnado de BAC e FP que queira facer uso do transporte escolar

Neste curso, o alumnado non pertencente á ESO non pode ser inscrito como usuario de transporte escolar gratuíto, polo que tería que facer uso deste servizo como liña regular facendo o pago do billete correspondente ao traxecto.

Desde a Consellería de Mobilidade, ofréceselles a posibilidade de solicitar a tarxeta “Xente Nova”, coa que terían gratuidade nos seus desprazamentos dentro de Galicia, e, polo tanto nos traxectos escolares.

Deixamos a ligazón para a solicitude desta tarxeta: https://www.bus.gal/es/xente-nova