Saltar navegación.
Inicio

Curtas documentais sobre a COVID

As alumnas de 4º ESO Alba Guzmán Camino e Mónica Teixeira Dinís elaboraron dúas curtas documentais relativas á actual situación da COVID.

O proxecto de Alba recolle cales son as principais medidas de protección que se implementaron no noso centro. O de Mónica compara as medidas de protección das escolas galegas coas portuguesas. 

Queremos agradecer o traballo destas alumnas pois os seus resultados son moi interesantes. Parabéns!

Podedes acceder ao contido dos seus proxectos nas seguintes ligazóns:

Medidas COVID no noso centro (Alba Guzmán Camino)

Medidas COVID Galiza-Portugal (Mónica Teixeira Dinís)