Saltar navegación.
Inicio

Aviso sobre o servizo de cafetería

No pasado mes de xuño, iniciouse o proceso de tramitación dos expedientes de contratación das cafeterías escolares de Galicia, que está rexido pola Lei9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se transpoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE, do 26 de febreiro de 2014.

A demora no inicio de dito proceso e a obriga de cumprir uns prazos determinados de tramitación en cada unha das etapas do concurso, fai que comecemos o curso sen servizo de cafetería no IES Marco do Camballón.

 Tras realizar as consultas oportunas, a única información da que dispoñemos é que a contratación non se producirá antes de mediados de outubro.

 En consecuencia, dende a dirección do centro queremos trasladarlles ás familias as seguintes suxestións:

  • Recomendamos que o alumnado traia da casa a merenda do recreo.
  • Os luns e mércores aqueles alumnos/as que non estean inscritos no comedor escolar deberán traer a súa comida da casa. O centro poñerá a disposición do alumnado un comedor na hora do xantar.