Saltar navegación.
Inicio

MatemáticXs en Acción

Neste curso botou a andar MatemáticXs en Acción, un colectivo de alumnado do noso centro que pretende valerse das matemáticas para facer coñecemento e xerar conciencia e información críticas.

Son activistas das matemáticas que xa nos mostran os primeiros resultados do seu proxecto Matemáticas Saudables, no que empregaron distintas ferramentas matemáticas para saber o que comemos. Pódense consultar as súas conclusións nesta ligazón.