Saltar navegación.
Inicio

Campións de Galicia de Odisea 2014

O equipo Capricornio, integrado polo alumnado de 1º de bacharelato do noso centro Silvia Alonso, Celia Manzorro e Alejandro Gómez acaba de proclamarse campión de Galicia do concurso Odisea 2014. Este certame está organizado pola Sociedade Española de Estudos Clásicos coa pretensión de visibilizar a lingua e a cultura grecolatinas, participan centros de distintos lugares do estado e este ano tiña como tema central o teatro.

O noso alumnado, cuxa profesora é Lucía Puentes, superou 265 rivais do resto da comunidade, polo que recibirá no mes de marzo o seu galardón económico: 240 €, pero, ademais, ten tamén a honra de respresentarnos na fase estatal que se desenvolverá este próximo mércores 19 de febreiro. Os outros equipos cos que competirán son os ganadores de Aragón, Cataluña, Valencia e Valladolid.

Así daban conta da noticia a SEEC Galicia e La Voz de Galicia.

Parabéns e moita sorte na final!