Saltar navegación.
Inicio

"Galiza livre do coronavirus". Brigada de trabalhos especiais.

Galiza libre de coronavirus (5)


Ola, estamos acabando, agora si!

Nunca esqueceremos o curso 2020-2021. Moitas e moitos de vós escribistes uns diarios que teredes xa para sempre.
Parabéns polo voso esforzo. 
 
Estas son as tarefas do 1 ao 12 de xuño:
 
 
 
1° ESO A
 
Neste mes o alumnado que xa entregou o diario desde o 17 de marzo até o 30 de maio non ten porque continuar facéndoo, se non quere. O resto do alumnado que aínda non o entregou debe entregalo.
 
1. Acabar e entregar todas as tarefas non entregadas.
 
2. Xogo de pistas:
 
Este é un xogo de pistas. Tes que ir, paso a paso, de pista en pista para, ao final, completares a aventura.
 
1. Busca en google a noticia da publicación do número 3 da revista de matemáticas do instituto Marco do Camballón, desta mesma semana.
 
2. Busca na noticia. A persoa que escribiu o limiar da revista ten un blogue de matemáticas e lingua. Vai a ese blogue. Búscao en google.
 
3. No blogue, unha das entradas é un vídeo sobre propostas de música en galego. Vai ao minuto 8.34. Que artista é?
 
 
4. Pon en google o nome da artista + "música" e  "Merza".
Verás que houbo un concerto que celebraba un centenario. De que empresa era ese centenario?
 
5. Pon en google o nome da muller que representa a empresa e logo: Escola Semente Compostela. Busca un vídeo de apoio desa persoa a esa escola.
 
Como se chama o proxecto que está a desenvolver esa escola?
 
6. Busca en youtube: escribe o nome do proxecto + Dia das Letras 2020 
 
Mira o vídeo enteiro.
E responde a estas preguntas: 
 
6.1. Ao principio dese video fálase de dúas cifras de enquisas relacionadas co galego nas nenas e nenos.
Apúntaas.
 
6.2. Envía un texto reflexionado explicando a importancia do galego en cada un dos pasos deste xogo de pistas, relacionando o noso idioma con eses ámbitos, e relacionando o teu texto coas cifras das enquisas do vídeo.
 
Envia o texto final -de entre 10 e 15 liñas- ao meu correo electrónico.
 
Sorte!
 
3. Un filme sobre Barreiros, o dos tractores.
 
 
Mira este filme e envía un audio ou vídeo (por whatsapp ou correo electrónico) no que:
- resumas o filme.
- fagas unha descripción do protagonista.
- fales sobre os obstáculos e conflitos na historia
- deas a túa opinión persoal.
- utilices un rexistro formal da língua.
 
 
 
 
1°ESO B: profesora Eladia Diéguez Vázquez
 
Neste mes o alumnado que xa entregou o diario desde o 17 de marzo até o 30 de maio non ten porque continuar facéndoo, se non quere. O resto do alumnado que aínda non o entregou debe entregalo.
 
A partir destes pequenos documentarios de temas ben diferentes. O artesanato. A improvisación oral e os saberes do curar. Tedes que facer a seguinte ficha. Unha por cada documentario.
 
1.Tema.
2.Quen os protagoniza?
3.Que significa para cada un ou unha das protagonistas este oficio ou disciplina artística?
4.Destacade o que máis vos chamou a atención de cada un deles.
5.Nas vosas familias empréganse algúns dos  remedios dos que fala Julia?
6.No próximo curso ides escoller a materia de libre configuración de RIOV  (Regueifa e improvisación oral) que oferece o centro? Si non. Por que.
7.Coñeciades a historia da familia da  zoqueira de Merza? Unha vez visto o documentario vou valorizar moito máis ese traballo?
8.Que aprendín con cada un dos documentarios?
 
 
 
Entregar o ficha en formato documento a eladiadieguez@gmail.com
 
 
 
 
 
 
 
2° ESO
 
 
1. Acabar e entregar todas as tarefas non entregadas.
 
2. Xogo de pistas:
 
Este é un xogo de pistas. Tes que ir, paso a paso, de pista en pista para, ao final, completares a aventura.
 
1. Busca en google a noticia da publicación do número 3 da revista de matemáticas do instituto Marco do Camballón, da semana pasada.
 
2. A persoa que escribiu o limiar da revista ten un blogue de matemáticas e lingua. Vai a ese blogue. Búscao en google.
 
3. No blogue, unha das entradas é un vídeo sobre música en galego. Vai ao minuto 8.44. Que artista é?
 
 
4. Pon en google o nome da artista + "música" e  "Merza".
Verás que houbo un concerto que celebraba un centenario. De que empresa era ese centenario?
 
5. Pon en google o nome da muller que representa a empresa e escribe Escola Semente Compostela. Busca un vídeo de apoio desa persoa a esa escola.
 
Como se chama o proxecto que está a desenvolver essa escola?
 
6. Busca en youtube: escribe o nome do proxecto + Dia das Letras 2020. 
 
 
Mira o vídeo enteiro.
E responde a estas preguntas: 
 
6.1. Ao principio dese video fálase de dúas cifras de enquisas relacionadas co galego nas nenas e nenos.
Apúntaas.
 
6.2. Envía un texto reflexionado explicando a importancia do galego en cada un dos pasos deste xogo de pistas, relacionando o noso idioma con eses ámbitos, e relacionando o teu texto coas cifras das enquisas do vídeo.
 
Envia o texto final -de entre 10 e 15 liñas- ao meu correo electrónico.
 
Sorte!
 
3. Un filme sobre Barreiros, o dos tractores.
 
 
Mira este filme e envía un audio ou vídeo (por whatsapp ou correo electrónico) no que:
- resumas o filme.
- fagas unha descripción do protagonista.
- fales sobre os obstáculos e conflitos na historia
- deas a túa opinión persoal.
- utilices un rexistro formal da língua.
 
 
2. REGUEIFA E IMPROVISACIÓN ORAL EN VERSO
 
Acabar o traballo pendente.
Proba de regueifa telefónica co profesor.
 
 
 
 
 
2º PMAR: profesora: Eladia Diéguez Vázquez
 
Entregar todo o que tedes pendente e ademais facer estas fichas a partir do visionado destes documentarios:
 
1.Tema.
2.Quen os protagoniza?
3.Que significa para cada un ou unha da sprotagonistas este oficio ou disciplina artística?
4.Destacade o que máis vos chamou a atención de cada un deles.
5.Nas vosas familias empréganse algúns dos remedios dos que fala Julia? Cales?
6.Coñeciades a historia da familia da Zoqueira de Merza? Unha vez visto o documentario vou valorizar moito máis ese traballo?
7.Que aprendín con cada un destes documentarios?
 
8.Que aprendín con cada un dos documentarios?
 
 
Entregar o ficha en formato documento a eladiadieguez@gmail.com
 
 
Entregar unha ficha por documentario en formato documento a eladiadieguez@gmail.com
 
 
 
 
3° ESO
 
1. Acabar e entregar todas as tarefas non entregadas.
 
2. Xogo de pistas:
 
Este é un xogo de pistas. Tes que ir, paso a paso, de pista en pista para, ao final, completares a aventura.
 
1. Busca en google a noticia da publicación do número 3 da revista de matemáticas do instituto Marco do Camballón, desta mesma semana.
 
2. A persoa que escribiu o limiar da revista ten un blogue de matemáticas e lingua. Vai a ese blogue. Búscao en google.
 
3. No blogue, unha das entradas é un vídeo sobre música en galego. Vai ao minuto 8.44. Que artista é?
 
 
4. Pon en google o nome da artista + "música" e  "Merza".
Verás que houbo un concerto que celebraba un centenario. De que empresa era ese centenario?
 
5. Pon en google o nome da muller que representa a empresa e logo escribe "Escola Semente". Busca un vídeo de apoio de apoio desa persoa a esa escola.
 
Como se chama o proxecto que está a desenvolver esa escola?
 
6. Busca en youtube: escribe o nome do proxecto + Dia das Letras 2020.
 
Mira o vídeo enteiro.
E responde a estas preguntas: 
 
6.1. Ao principio dese video fálase de dúas cifras de enquisas relacionadas co galego nas nenas e nenos.
Apúntaas.
 
6.2. Envía un texto reflexionado explicando a importancia do galego en cada un dos pasos deste xogo de pistas, relacionando o noso idioma con eses ámbitos, e relacionando o teu texto coas cifras das enquisas do vídeo.
 
Envia o texto final -de entre 10 e 15 liñas- ao meu correo electrónico.
 
Sorte!
 
 
3. Un filme sobre Barreiros, o dos tractores.
 
 
Mira este filme e envía un audio ou vídeo (por whatsapp ou correo electrónico) no que:
- resumas o filme.
- fagas unha descripción do protagonista.
- fales sobre os obstáculos e conflitos na historia
- deas a túa opinión persoal.
- utilices un rexistro formal da língua.
 
 
 
LINGUA PORTUGUESA
 
Data limite de entrega 12 de junho de 2020.
 
 
A partir do visionado destes documentários. Facede un resumo explicando por que o 10 de junho é o día de Portugal?  Enviar resumo. Audio ou vídeo ao whatsapp ou ao correo electrónico sechusende@gmail.com
 
 
A gentrificaçao na cidade do Porto. Resumo do documentário sobre o fenómeno da gentrificaçao.
 
 
 
 
 
4. ESO
 
 
4º ESO: profesora: Eladia Diéguez Vázquez.
Data límite de entrega o venres 12 de xuño.
 
Un filme sobre Barreiros, o dos tractores.
 
 
Visionade este filme e enviade por audio ou vídeo ao whatsapp ou ao correo electrónico eladiadieguez@gmail.com. O seguinte cuestionario:
 
-Resumo do filme.
-Unha descrición do protaganista.
-Cales foron os ostáculos e conflitos na historia?
-Que foi o que máis vos sorprendeu da historia?
-Opinión persoal.
-Empregade un rexistro formal da lingua.
 
 
 
 
4º ESO. Língua portuguesa.
 
Data limite de entrega 12 de junho de 2020.
 
A partir do visionado destes documentários. Facede un resumo explicando por que o 10 de junho é o día de Portugal?  Enviar resumo. Audio ou vídeo ao whatsapp ou ao correo electrónico.eladiadieguez@gmail.com
 
 
A gentrificaçao na cidade do Porto. Resumo do documentário sobre o fenómeno da gentrificaçao.
 
 
 
 
 
 
 
1° BACHARELATO
 
1. Acabar e entregar todas as tarefas non entregadas.
 
2. Xogo de pistas:
 
Este é un xogo de pistas. Tes que ir, paso a paso, de pista en pista para, ao final, completares a aventura.
 
1. Busca en google a noticia da publicación do número 3 da revista de matemáticas do instituto Marco do Camballón, da semana pasada.
 
2. A persoa que escribiu o prólogo da revista ten un blogue de matemáticas e lingua. Vai a ese blogue. Búscao en google.
 
3. No blogue, unha das entradas é un vídeo sobre música en galego. Vai ao minuto 8.44. Que artista é?
 
 
4. Pon en google o nome da artista + "música" e  "Merza".
Verás que houbo un concerto que celebraba un centenario. De que empresa era ese centenario?
 
5. Pon en google o nome da muller que representa a empresa e logo escribe Escola Semente Compostela. Busca un vídeo de apoio desa persoa a esa escola.
 
Como se chama o proxecto que está a desenvolver esa escola?
 
6. Busca en youtube: escribe o nome do proxecto + Dia das Letras 2020. 
 
Mira o vídeo enteiro.
E responde a estas preguntas: 
 
6.1. Ao principio dese video fálase de dúas cifras de enquisas relacionadas co galego nas nenas e nenos.
Apúntaas.
 
6.2. Envía un texto reflexionado explicando a importancia do galego en cada un dos pasos deste xogo de pistas, relacionando o noso idioma con eses ámbitos, e relacionando o teu texto coas cifras das enquisas do vídeo.
 
Envia o texto final -de entre 10 e 15 liñas- ao meu correo electrónico.
 
Sorte!
 
 
 
3. Un filme sobre Barreiros, o dos tractores.
 
 
Mira este filme e envía un audio ou vídeo (por whatsapp ou correo electrónico) no que:
- resumas o filme.
- fagas unha descripción do protagonista.
- fales sobre os obstáculos e conflitos na historia
- deas a túa opinión persoal.
- utilices un rexistro formal da língua.
 

 

.....

 

 

 

Galiza libre de coronavirus (4)

 

Tarefas desde o martes 12 de maio até o luns 1 de xuño .

Lembrade que hai algunhas outras actividades que, nalgúns cursos, poden vir de atrás.
 
1º da ESO A e 1º da ESO B
 
Aviso; os que non entregastes as tarefas da quenda anterior: Do 17 de abril até o 8 de maio. Tedes que entregalas. Os de 1º ESO B a eladiadieguez@gmail.com e os de 1º ESO A a sechusende@gmail.com
 
1. Diario:
 
Retomar a escrita do diario comezando día a día e poñendo a data desde o martes 12 de maio de  até o venres 29 de maio. Esta tarefa ten que estar ben organizada indicando qué facedes cada xornada así como as túas reflexións sobre a actualidade. Imaxino que, a medida que avanza este estado de confinamento, as actitudes vitais e o convivio familiar vai mudando. Sería bo que vaiades expondo as vosas mudanzas emocionais neste tempo. E tamén como pensades que vai ser o “novo verán”.
 
2. Libro
 
Se aínda non leches un libro, adiante. Se xa leches un libro, anímate a ler máis. Lembra que a lectura nesta avaliación aumenta a nota especialmente e, sobre todo, é unha forma agradábel de pasar o tempo. A análise e comentario do libro de lectura podedes enviala a través dun audio ou mellor aínda gravando  un vídeo.
 
3. Un tema sobre o que escribir un texto:
 
Le este artigo: https://praza.gal/movementos-sociais/100-venres-negros-contra-a-manipula...
Que son os Venres negros da crtvg? Que é “Defende a Galega”?
Le este artigo, busca información e redixe un texto de 20 liñas sobre “Defende a Galega”, a TVG e os medios de comunicación na Galiza.
 
4. Actividade voluntaria, para subir nota, até o 10 de xuño:
“Enreguéifate”
Participa no concurso “Enreguéifate”, gravando en parella ou grupo -a través de videochamada- unha regueifa. Mira as bases do concurso aquí:  https://enregueifate.gal/edicion-2020/    
E aquí, unha guía para gravar a regueifa “online”: https://www.youtube.com/watch?v=0N3OMc6FYz0&feature=youtu.be
Se tedes algunha dúbida, falamos por whatsapp.
 
 
 
2º da ESO:
 
 
1-Lingua galega e literatura:
 
1.1. Retomar a escrita do diario comezando día a día e poñendo a data desde o martes 12 de maio de abril até o venres 29 de maio. Esta tarefa ten que estar ben organizada indicando qué facedes cada xornada e as túas reflexións sobre as túas vivencias. Imaxino que, a medida que avanza este estado de confinamento, as actitudes vitais e o convivio familiar vai mudando. Sería bo que vaiades expondo as vosas mudanzas emocionais neste tempo.
 
1.2. Un tema sobre o que escribir un texto:
 
Le este artigo: https://praza.gal/movementos-sociais/100-venres-negros-contra-a-manipula...
Que son os Venres negros da crtvg? Que é “Defende a Galega”?
Le este artigo, busca información e redacta un texto de 20 liñas sobre “Defende a Galega”, a TVG e os medios de comunicación na Galiza.
 
1.4. Lectura:
 
Se xa leches un libro nesta avaliación, parabéns. Se non, adiante. E lembra que nesta avaliación recomendamos ler porque a lectura aumenta a nota especialmente e, ademais, axuda a pasar o tempo de forma agradable.
 
1.5. Actividade voluntaria, para subir nota, até o 10 de xuño:
“Enreguéifate”
Participa no concurso “Enreguéifate”, gravando en parella ou grupo -a través de videochamada- unha regueifa. Mira as bases do concurso aquí:  https://enregueifate.gal/edicion-2020/    
E aquí, unha guía para gravar a regueifa “online”: https://www.youtube.com/watch?v=0N3OMc6FYz0&feature=youtu.be
Se tedes algunha dúbida, falamos por whatsapp.
 
2- Regueifa e improvisación oral en verso:
 
2.1. “Enreguéifate”
Preparar un vídeo para participar no concurso “Enreguéifate”, gravando en parella -Gabriela + Lorena -a través de videochamada- unha regueifa. Mirade as bases do concurso aquí:  https://enregueifate.gal/edicion-2020/    
E aquí, unha guía para gravar a regueifa “online”: https://www.youtube.com/watch?v=0N3OMc6FYz0&feature=youtu.be
Se tedes algunha dúbida, falamos por whatsapp.
Gravar o vídeo é obrigatorio. Participar no concurso é voluntario.
 
2.2 Acabar o traballo solicitado e explicado nas anteriores entregas.
 
2º PMAR
 
 
 
            2ºPMAR. TAREFAS 3ª AVALIACIÓN
 
 
 
2º PMAR. Ámbito sociolingüístico. Profesora: Eladia Diéguez Vázquez.
 
Tarefas e suxestións de traballo para o mes de maio desde o luns 11 de maio até o 1 de xuño.
 
1. Ciencias sociais:
A ficha que vos entreguei antes da suspensión das clases que leva por título “ As actividades do  sector terciario” Facedes todos os exercicios que están nesas fichas. Remitídesmos coas preguntas e as respostas ao meu correo: eladiadieguez@gmail.com.
Algún de vós aínda non me enviou o traballo que tiñades que facer de exposición antes de que se suspendesen as clases. Ídemo enviando. Lémbrovos os títulos:
Marcos: Produtos transxénicos.
Brais. Coches eléctricos e minas de litio.
Mohamed e chaymae xa entregaron o seu traballo de; cidades patrimonio da humanidade en Marrocos. Para este trimestre. Propóñovos que fagades o traballo sobre o programa “vacacións en paz” Centrádevos no programa que se leva a cabo en Galiza. En Internet hai moita información. Buscade en: Solidariedade galega co pobo saharauí.
Os traballos remitídesmos ao meu correo.
 
2. Lingua galega:
 
1. Retomades o diario, que algúns de vós non mo enviastes. Comezades o luns 11 de maio até o 1 xuño.
Poñedes a data de cada día, redixide o voso día a día desde que vos erguedes até que vos deitades. Que facedes? Como vos informades? Que tipo de exercicio físico facedes? Que filmes ou series estades vendo...? Como está o voso estado emocional e como é o convivio coa vosa familia nesta situación tan especial e novidosa?
2. Seguimento da prensa dixital en galego: Procurades na rede www.prazapublica.gal . Escollede unha noticia por semana que vos interese e facedes un resumo e por que a escollestes? Enviádesma ao meu correo.
 
3. Redixide unha receita de cociña indicando os ingredientes, as cantidades  os utensilios necesarios para facer ese prato. Podedes escoller entre: Sopa harira. Tabulé. Esta receita teñen que enviarma Mohame e chaîgnae.Se non queredes escribila podedes enviar vídeo indicando como se fai ese prato.
 
4. Libro de lectura. Mirian aínda non enviaches o vídeo do libro, Por puntos de Manuel Portas que tiñas que ter lido no trimestre anterior. Selecciona dous ou tres relatos e envíame a gravación.
Para este trimestre para todos. Escollede un libro en galego que teñades na casa. Se non tedes ningún podedes darvos de alta na plataforma GaliciaLe  http://www.galiciale.gal/ da rede de bibliotecas públicas de Galiza, enlace que xa vos remitín ao Whatsapp do grupo antes das vacacións. Seleccionades algún título de libro en galego que vos resulte atractivo. A partir da súa lectura. Gravades un vídeo e enviádesmo ao meu Whatsapp facendo un resumo indicando: Tema, personaxes, espazo, tempo e por que ou por que non o recomendariades a alguén. Debedes facer un guión antes de gravar o vídeo. As tarefas enviádesmas en horario escolar. Calquera das mañás de luns a venres.
 
 
 
 
 
3º da ESO:
 
1- Lingua galega e literatura
 
1.1 Un tema sobre o que escribir un texto de opinión:
 
Le este artigo: https://praza.gal/movementos-sociais/100-venres-negros-contra-a-manipula...
Que son os Venres negros da crtvg? Que é “Defende a Galega”?
Le este artigo, busca información e redacta un texto de 20 liñas sobre “Defende a Galega”, a TVG e os medios de comunicación na Galiza. O texto debe argumentar, con fundamentos, unha opinión crítica.
 
1.2. Lectura:
 
Se xa leches un libro nesta avaliación, parabéns. Se non, adiante. E lembra que nesta avaliación recomendamos ler porque a lectura aumenta a nota especialmente e, ademais, axuda a pasar o tempo de forma agradable.
 
1.3. Actividade voluntaria, para subir nota, até o 10 de xuño:
“Enreguéifate”
Participa no concurso “Enreguéifate”, gravando en parella ou grupo -a través de videochamada- unha regueifa. Mira as bases do concurso aquí:  https://enregueifate.gal/edicion-2020/    
E aquí, unha guía para gravar a regueifa “online”: https://www.youtube.com/watch?v=0N3OMc6FYz0&feature=youtu.be
Se tedes algunha dúbida, falamos por whatsapp.
 
2-Lingua portuguesa
 
2.1. Leitura deste artigo.  E elabora um resumo escrito (10 linhas):
https://www.bbc.com/portuguese/internacional-52287407
 
2.2. Documentário: Lusofonia
 
Olha estes dois vídeos de dois minutos cada um:
https://www.youtube.com/watch?v=GdMlYgaJ1hs
 
https://www.youtube.com/watch?v=AudS37kB-_A
 
Depois, envia um audio por whatsapp com opiniao pessoal sobre o documentário, incluíndo um resumo, algumas ideias principais e vocabulário (3 palavras) aprendido.
 
 
 
 
4º da ESO
Lingua galega e literatura.
 
1.Letras galegas. Este ano o autor homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero. Tedes que facer un retrato sobre este autor. Procurade información sobre este autor. Vida e obra.  Partir desa información facede un texto descritivo en 20 liñas indicando a súa  importancia e contribución á lingua e á literatura galega. Podedes facer o visionado do telexornal elaborado polo alumnado do CPI de Dices, Rois: https://www.youtube.com/results?search_query=cpi+de+dices+carvalho+caler...
Cales son as características fundamentais da súa poesía? E do teatro?
Cal foi a súa contribución ao reintegracionismo?
Para os que vos queirades achegar á súa obra narrativa. Recomendo a lectura da súa novela Scórpio. Ed Galaxia ou a editorial através. Tamén podedes ver este vídeo para saberdes como ler esta obra.
https://www.youtube.com/watch?v=JYZTH6GFzbg.
(Non vale un corta e pega)
 
2.Visionado do documentario: Fíos fóra: https://vimeo.com/193701763. Unha vez visionado este documentario, bastante  longo, tedes que responder ás seguintes cuestións:
1.Cal é o sector produtivo que se analiza?
2.En que época da nosa recente historia?
3.Que foi ou que é  glúster da moda galega?
4.Que papel xogou o cooperativismo, basicamente feminino neste sector?
5.Cales foron e son  as principais firmas de moda galega? Consumes moda galega? Cal?
6.Que opinas sobre que, malia ser un sector fondamente feminizado, as declaracións do ponto de vista empresarial estean feitas por homes? En que linguas se expresan?
7.Que ocasionou  no noso territorio a deslocalización deste potente tecido produtivo?
8.En que consiste a economía sumerxida? En varias ocasións ao longo do documentario faise referencia a esa expresión.
9.Coñeces a alguén afectado polo desmantelamento deste sector na Galiza?
10.Unha vez visionado o vídeo vou facer un consumo responsable cando vaia mercar roupa? Si non. Por que?
3. Lectura. Podedes ler outro libro, para o que resta de curso, esta actividade é valorizada especialmente. Enviades vídeo ou audio como vides facendo nestas últimas semanas. Agora xa están abertas as librarías.
 
Lingua portuguesa 4º ESO
https://www.youtube.com/watch?v=y0Bxt3p39hY
1.Análise deste Live com sociólogos, prefeitas e filósofos. Qual será o futuro postCovid19? Redige um resumo tirando as ideias fundamentais do que opinaram cada um/uma das participantes no Live.
Achas-te interessante?  
2.https://www.youtube.com/watch?v=JBmLzbjmhhg. Língua vidas em português. Escolhe o trecho do filme do que mais gostares e  grava um audio para explicares a escolha.
 

 


1º Bacharelato
 
1. Un texto descritivo: retrato de Carvalho Calero.
 
Facer un retrato de Ricardo Carvalho Calero, do mesmo xeito que fixemos con Amancio Ortega. Primeiro, buscaremos información sobre o homenaxeado no Día das Letras, e logo redactaremos un texto sobre el. Ao mesmo tempo, aproveitamos para coñecer mellor a Carvalho para o traballo da avaliación. Lembra nom utilizar -por favor-  o “copia e pega” de forma descarada e buscar información en páxinas galegas, para aforrar os erros de tradución. Se orixinal, por favor.  destas cousas depende a calificación do teu traballo.
Obxectivo: redactar un texto de 20-30 liñas: Quen é Carvalho Calero e porque se tardou tanto en recoñecer a súa importancia publicamente co Día das Letras Galegas?
 
Dous textos importantes para comprender a Carvalho:
Lingua e política lingüística en Carvalho Calero: https://www.youtube.com/watch?v=_uNx3HQHQUI&t=239s
 
Por que foi excluído Carvalho Calero nos anos 80 das decisións políticas que estableceron que o galego debía seguir a ortografía do castelán?
https://www.youtube.com/watch?v=dxRYkPwX6Zk
 
 
2. Un texto de opinión:
 
Le este artigo: https://praza.gal/movementos-sociais/100-venres-negros-contra-a-manipula...
Que son os Venres negros da crtvg? Que é “Defende a Galega”?
Le este artigo, busca información e redacta un texto de 20 liñas sobre “Defende a Galega”, a TVG e os medios de comunicación na Galiza. O texto debe argumentar, con fundamentos, unha opinión crítica.
 
 
3. Lectura:
 
Se xa leches un libro nesta avaliación, parabéns. Se non, adiante. Tamén podes ler máis libros. Lembra que nesta avaliación recomendamos ler porque a lectura aumenta a nota especialmente e, ademais, axuda a pasar o tempo de forma agradable.
 
4. Actividade voluntaria, para subir nota, até o 10 de xuño:
“Enreguéifate”
Participa no concurso “Enreguéifate”, gravando en parella ou grupo -a través de videochamada- unha regueifa. Mira as bases do concurso aquí:  https://enregueifate.gal/edicion-2020/    
E aquí, unha guía para gravar a regueifa “online”: https://www.youtube.com/watch?v=0N3OMc6FYz0&feature=youtu.be
Se tedes algunha dúbida, falamos por whatsapp.

 

 

 

 

 

Galiza livre de coronavirus (3)
 
Para as semanas do 17 de abril até o 8 de maio: 

 

Querido alunado:

Desde o Departamento de Lingua galega enviámosvos as tarefas para traballarmos desde o 17 de abril até o 8 de maio. Estivemos esperando as instrucións da Consellería de Educación, que só chegaron hoxe.

Iniciamos a terceira avaliación con vontade de acabala satisfactoriamente. Antes de nada, queremos transmitirvos moitos ánimos. Sabemos que isto se fai longo mais sabemos que, se traballamos suficientemente, bem, notablemente ou sobresalientemente, entre todas e todos, podemos sacar o curso adiante. Así que forza e seguimos.

Lembrade que o máis importante é a saúde. E que o voso traballo verase recompensado.

Para calquera dúbida, problema, inquietude ou preocupación, aquí estamos.

 

 

1º ESO A: Lingua galega.

 

Profesor: Séchu Sende

 

1. Retomar a escrita do diario comezando día a día e poñendo a data desde o venres 17 de abril até o venres 8 de maio. Esta tarefa ten que estar ben organizada indicando qué facedes cada xornada desde que vos erguedes pola mañá até que vos deitades. Imaxino que, a medida que avanza este estado de confinamento, as actitudes vitais e o convivio familiar vai mudando. Sería bo que vaiades expondo as vosas mudanzas emocionais neste tempo.

 

2. Buscade o vídeo acústico “Terra” do grupo Dakidarría gravado durante o confinamento do coronavírus por máis de 60 artistas. Aquí está: https://www.youtube.com/watch?v=KOuDo-qWtxI

 

Unha vez visto e escoitado o vídeo. Selecciona un anaco da letra e envía un whatsapp de voz á profesora cantándoa. Noutro audio de 30-50 segundos explicade a escolla dese anaco da letra, por que elixiches ese fragmento precisamente en relación coa canción, a música galega e outras cousas.

 

Na letra da canción aparecen varios topónimos. Deseñade nun folio un mapa da Galiza e localizade as vilas e cidades que se mencionan na canción. Envia o deseño ao profesor nunha foto de whatsapp.

 

 

3. Seguimento da prensa galega dixital. Para estas tres semanas tedes que centrarvos nun xornal dixital en galego: www.nosdiario.gal ou www.prazapública.gal . Lede un pouco cada día: noticias, textos de opinión, etc.

O profesor pode chamar por teléfono -en horario de mañá- nestes 15 días para falar con vós sobre a actualidade que comunican estes xornais.

 

4. E a ti vaiche o pan ou o peixe pola casa? Consulta no xornal dixital Nós diario sobre como o camión-tenda mantén o latexo no rural (aquí: https://www.nosdiario.gal/articulo/economia/camion-tenda-manten-latexo-rural/20200409182519094985.html) e conta en 10 liñas como facedes vós na casa coa alimentación durante esta crise reflexionando sobre a importancia do rural. Utiliza rexistro formal e riqueza de vocabulario. Remitídeo ao meu correo.

 

5. Lectura de libros:

Se xa non tedes máis libros na casa podedes darvos de alta na plataforma Galicia Le da rede de bibliotecas públicas de Galiza. Aí tedes moitos títulos de obras en galego que podedes escoller. Escollede un título que vos resulte atractivo, consultade ao profesor por whatsapp ou gmail se podedes ler ese libro, e logo lede o libro e gravade un vídeo indicando: Título. Xénero literario. Personaxes principais e secundarios. Espazo real ou ficticio. Narrador/es. A quen llo recomendarías e por que. A ligazón: https://www.galiciale.gal/

 

Estas tarefas teñen bastante marxe no tempo, tres semanas. Ide enviando segundo vaiades facendo. Non deixedes todo para a última semana. As horas para enviar as tarefas, mellor no horario lectivo. Ou sexa, toda a mañá de luns a venres e os mércores tamén pola tarde respectando así o horario que tiñamos de clases.

 

TRABALLO OPTATIVO PARA SUBIR NOTA: ELBORAR UN MEME SOBRE CARVALHO CALERO.

 

TRABALLO DE INVESTIGACIÓN E EXPOSICIÓN ORAL PARA A TERCEIRA AVALIACIÓN (PARA ELABORAR ANTES DE DO 1 DE XUÑO):

 

Como na anterior avaliación, ides investigar a fondo sobre un tema: Ricardo Carvalho Calero.

 

2.1. Traballo de investigación:

O voso traballo debe ser orixinal, podedes buscar e documentarvos na internet, especialmente na páxina de AGAL sobre Carvalho Calero, en vídeos de youtube e noutras webs, pero o resultado TEN QUE SER UN TEMA ORIXINAL SOBRE UN ASPECTO QUE VOS PAREZA INTERESANTE SOBRE CARVALHO CALERO.

2.2. Exposición oral.

Co voso traballo persoal, ides preparar unha exposición oral de 3-4 minutos que, se non se reanudan as aulas, enviaredes por whatsapp ao profesor: lingua formal, claridade, correción, etc.

 

Prazo de entrega: O traballo entregarase ao final da terceira avaliación, en princípio antes da primeira semana de xuño. A exposición, se nom se reanudan as aulas, terá que ser por vídeo.

 

 

 

1º ESOB: Lingua galega. Profesora: Eladia Diéguez Vázquez

 

1. Retomar a escrita do diario comezando día a día e poñendo a data desde o venres 17 de abril até o venres 8 de maio. Esta tarefa ten que estar ben organizada indicando qué facedes cada xornada desde que vos erguedes pola mañá até que vos deitades. Imaxino que, a medida que avanza este estado de confinamento, as actitudes vitais e o convivio familiar vai mudando. Sería bon que vaiades expondo as vosas mudanzas emocionais neste tempo.

 

2. Buscade o vídeo acústico “Terra”do grupo Dakidarría gravado durante o confinamentohttps://www.youtube.com/watch?v=KOuDo-qWtxI por máis de 60 artistas. Unha vez visto e escoitado o vídeo. Selecciona un anaco da letra e envía un whatsapp de voz á profesora cantándoa, e se sodes músicos, mesmo acompañándoa co voso instrumento se for posíbel. Noutro audio de 30-50 segundos explicade a escolla dese anaco da letra, por que elixiches ese fragmento precisamente en relación coa canción, a música galega e outras cousas.

Na letra da canción aparecen varios topónimos. Indica cales deles se corresponden co litoral galego e cales son da Galiza interior. Procurade esta información nun mapa de Galiza. A cada un deses topónimos os autores da canción atribúenlles unhas características, ou ben climáticas ou ben relacionadas con algún sector produtivo ou mesmo con algunha construción da arquitectura popular dese lugar. Exemplo; “Chantada vai un frío que nin diola”. Elaborade un documento no que asociedes cada topónimo cunha desas características que o singularizan. Ese documento enviádelo ao meu correo eladiadieguez@gmail.com.

 

3. Seguimento na prensa galega dixital. Para estas tres semanas tedes que centrarvos no xornal: www.prazapública.gal seleccionade un acontece por semana que vos resulte interesante. En calquera momento podo chamar a algún ou algunha de vós para saber se estades facendo o seguimento da prensa.

 

4. E a ti vaiche o pan ou o peixe pola casa? https://www.nosdiario.gal/articulo/economia/camion-tenda-manten-latexo-rural/20200409182519094985.html) Consulta no xornal dixital sobre como o camión-tenda mantén o latexo no rural e conta en 10 liñas como facedes vós coa alimentación durante esta crise reflexionando sobre a importancia do rural. Utiliza rexistro formal e riqueza de vocabulario. Remitídeo ao meu correo.

 

5.Moitos de vós aínda non me enviastes o vídeo do libro que tiñades que ler nestes días. Lembrade envialo cando o terminedes. Os que xa mo enviastes escollede un novo título e, sen présa, ídeo lendo e facendo unha nova gravación. Se xa non tedes máis libros na casa podedes darvos de alta na plataforma Galicia Le. https://www.galiciale.gal/ da rede de bibliotecas públicas de Galiza. Aí tedes moitos títulos de obras en galego que podedes escoller. Escollede un título que vos resulte atractivo facede a lectura e gravade un vídeo indicando: Título. Xénero literario. Personaxes principais e secundarios. Espazo real ou ficticio. Narrador/es. A quen llo recomendarías e por que. O enlace desta plataforma xa volo enviei ao WhatsApp do grupo 1ºesoB “Nós ficamos na casa”.

 

Estas tarefas teñen bastante marxe no tempo, tres semanas. Ide enviando segundo vaiades facendo. Non deixedes todo para a última semana. As horas para enviar as tarefas, mellor no horario lectivo. Ou sexa, toda a mañá de luns a venres e os mércores tamén pola tarde respectando así o horario que tiñamos de clases.

 

 

 

 

2º ESO : Lingua galega.

 

Profesor: Séchu Sende

 

1. Retomar a escrita do diario comezando día a día e poñendo a data desde o venres 17 de abril de abril até o venres 8 de maio. Esta tarefa ten que estar ben organizada indicando qué facedes cada xornada desde que vos erguedes pola mañá até que vos deitades. Imaxino que, a medida que avanza este estado de confinamento, as actitudes vitais e o convivio familiar vai mudando. Sería bon que vaiades expondo as vosas mudanzas emocionais neste tempo.

 

2. Buscade o vídeo acústico “Terra” do grupo Dakidarría gravado durante o confinamento do coronavírus por máis de 60 artistas. Aquí está: https://www.youtube.com/watch?v=KOuDo-qWtxI

 

Unha vez visto e escoitado o vídeo. Selecciona un anaco da letra e envía un whatsapp de voz á profesora cantándoa. Noutro audio de 30-50 segundos explicade a escolla dese anaco da letra, por que elixiches ese fragmento precisamente en relación coa canción, a música galega e outras cousas.

 

Na letra da canción aparecen varios topónimos. Deseñade nun folio un mapa da Galiza e localizade as vilas e cidades que se mencionan na canción. Envía o deseño ao profesor nunha foto de whatsapp.

 

3. Seguimento na prensa galega dixital. Para estas tres semanas tedes que centrarvos nun xornal dixital en galego: www.nosdiario.gal ou www.prazapública.gal . Lede un pouco cada: noticias, textos de opinión, etc.

O profesor pode chamar por teléfono -en horario de mañá- nestes 15 días para falar con vós sobre a actualidade que comunican estes xornais.

 

4. E a ti vaiche o pan ou o peixe pola casa? Consulta no xornal dixital Nós diario sobre como o camión-tenda mantén o latexo no rural (aquí: https://www.nosdiario.gal/articulo/economia/camion-tenda-manten-latexo-rural/20200409182519094985.html) e conta en 10 liñas como facedes vós na casa coa alimentación durante esta crise reflexionando sobre a importancia do rural. Utiliza rexistro formal e riqueza de vocabulario. Remitídeo ao meu correo.

 

5. Lectura de libros:

Se xa non tedes máis libros na casa podedes darvos de alta na plataforma Galicia Le da rede de bibliotecas públicas de Galiza. Aí tedes moitos títulos de obras en galego que podedes escoller. Escollede un título que vos resulte atractivo, consulta ao profesor por whatsapp ou gmail de podedes ler ese libro, e logo lede o libro e gravade un vídeo indicando: Título. Xénero literario. Personaxes principais e secundarios. Espazo real ou ficticio. Narrador/es. A quen llo recomendarías e por que. A ligazón: https://www.galiciale.gal/

 

Estas tarefas teñen bastante marxe no tempo, tres semanas. Ide enviando segundo vaiades facendo. Non deixedes todo para a última semana. As horas para enviar as tarefas, mellor no horario lectivo. Ou sexa, toda a mañá de luns a venres e os mércores tamén pola tarde respectando así o horario que tiñamos de clases.

 

TRABALLO OPTATIVO PARA SUBIR NOTA: ELABORAR UN MEME SOBRE CARVALHO CALERO.

 

TRABALLO DE INVESTIGACIÓN E EXPOSICIÓN ORAL PARA A TERCEIRA AVALIACIÓN (PARA ELABORAR ANTES DO 1 DE XUÑO):

 

Como na anterior avaliación, ides investigar a fondo sobre un tema: Ricardo Carvalho Calero.

2.1. Traballo de investigación:

O voso traballo debe ser orixinal, podedes buscar e documentarvos na internet, especialmente na páxina de AGAL sobre Carvalho Calero, en vídeos de youtube e noutras webs, pero o resultado TEN QUE SER UN TEMA ORIXINAL SOBRE UN ASPECTO QUE VOS PAREZA INTERESANTE SOBRE CARVALHO CALERO.

2.2. Exposición oral.

Co voso traballo persoal, ides preparar unha exposición oral de 3-4 minutos que, se non se reanudan as aulas, enviaredes por whatsapp ao profesor: lingua formal, claridade, correción, etc.

 

Prazo de entrega: O traballo entregarase ao final da terceira avaliación, en princípio antes da primeira semana de xuño. A exposición, se nom se reanudan as aulas, terá que ser por vídeo.

 

 

2º PMAR. Ámbito sociolingüístico. Profesora: Eladia Diéguez Vázquez.

 

Tarefas e suxestións de traballo para o mes de abril desde o martes 17 de abril até o venres 8 de maio.

 

1. Ciencias sociais:

A ficha que vos entreguei antes da suspensión das clases que leva por título “ As actividades do sector terciario” Facedes todos os exercicios que están nesas fichas. Remitídesmos coas preguntas e as respostas ao meu correo eladiadieguez@gmail.com.

Algún de vós aínda non me enviou o traballo que tiñades que facer de exposición antes de que se suspendesen as clases. Ídemo enviando. Lémbrovos os títulos:

Mirian: Amazon.

Marcos: Produtos transxénicos.

Brais. Coches eléctricos e minas de litio.

Mohamed e chaymae xa entregaron o seu traballo de; cidades patrimonio da humanidade en Marrocos. Para este trimestre. Propóñovos que fagades o traballo sobre o programa “vacacións en paz” Centrádevos no programa que se leva a cabo en Galiza. En Internet hai moita información. Buscade en: Solidariedade galega co pobo saharauí.

Os traballos remitídesmos ao meu correo.

 

2. Lingua galega:

 

1. Retomades o diario, que algúns de vós non mo enviastes. Comezades no venres 17 de abril até o venres 8 de maio.

Poñedes a data de cada día, redixide o voso día a día desde que vos erguedes até que vos deitades. Que facedes? Como vos informades? Que tipo de exercicio físico facedes? Que filmes ou series estades vendo...? Como está o voso estado emocional e como é o convivio coa vosa familia nesta situación tan especial e novidosa?

2. Seguimento da prensa dixital en galego: Procurades na rede www.prazapublica.gal . En calquera momento podo telefonar a algunha ou algún de vós para comprobar se estades facendo o seguimento.

 

3. Redixide unha receita de cociña indicando os ingredientes, as cantidades os utensilios necesarios para facer ese prato. Podedes escoller entre: Sopa harira. Tabulé. Cocido galego. Empanada. Ensaladilla rusa. Se non queredes escribila podedes enviar vídeo indicando como se fai ese prato.

 

4. Libro de lectura. Mirian aínda non enviaches o vídeo do libro, Por puntos de Manuel Portas que tiñas que ter lido no trimestre anterior. Selecciona dous ou tres relatos e envíame a gravación.

Para este trimestre para todos. Escollede un libro en galego que teñades na casa. Se non tedes ningún podedes darvos de alta na plataforma GaliciaLe http://www.galiciale.gal/ da rede de bibliotecas públicas de Galiza, enlace que xa vos remitín ao Whatsapp do grupo antes das vacacións. Seleccionades algún título de libro en galego que vos resulte atractivo. A partir da súa lectura. Gravades un vídeo e enviádesmo ao meu Whatsapp facendo un resumo indicando: Tema, personaxes, espazo, tempo e por que ou por que non o recomendariades a alguén. Debedes facer un guión antes de gravar o vídeo. As tarefas enviádesmas en horario escolar. Calquera das mañás de luns a venres.

 

 

 

REGUEIFA E IMPROVISACIÓN ORAL EN VERSO:

 

Elaborar um trabalho sobre algum aspecto da improvisação oral em verso na Galiza. Por whatsapp podo passar-vos os contatos e informação necessária. Temas propostos de onde podedes escolher um:

As melodias do repente galego. Música e regueifa.

 

O I Encontro de Mulleres Repentistas da Galiza

 

As mulheres no movimento repentista galego: Lara do Ar, Silvinha,

 

Sofia Tarela, Nuria das Cruzes, Lorena Medela, etc.

 

Feminismo e regueifa: Alba María e Sara Marchena.

 

O centro de interpretaçom da oralidade de Vigo. Josinho da Teixeira.

 

Entrevista a Pinto de Herbón e/ou Luís o Caruncho.

 

Entrevista a Ramom Pinheiro, investigador.

 

Entrevista a Carlos Alonso, da associaçom ORAL.

 

Mais e pais que aprendem a regueifar às crianças.

 

Os brindos.

 

O improviso nos Países Cataláns.

 

Mulheres improvisadoras de Portugal.

 

O machismo no repentismo.

 

O improviso na ilha de Madeira.

 

Pelejas de galos em galego.

 

Experiência: Um dia falando em verso.

 

O rexurdir da regueifa em Vila de Cruzes.

 

O improviso nos Generais do Ulha.

 

Entrevista a Ainhoa Aramburu sobre o bertsolarismo em Euskal Herria.



Ver vídeos de youtube arredor da regueifa e elaborar unha lista de regueifeiras e regueifeiros de todos os tempos.Se precisais ajuda, a travês do gmail ou de whatsapp.

Data límite para enviar: 8 de maio.

 

 

 

 

3º da ESO

 

Para as seguintes tres semanas estas son as tarefas a desenvolver:

 

  1. Literatura:

 

Busca información sobre “O tío Marcos da Portela”, e redacta un texto describíndoo dentro do Rexurdimento, sobre a súa importancia histórica e relaciónao coa prensa en papel actual en galego. É importante que describas a situación actual da prensa galega. E a importancia da prensa no proceso de socialización do galego. E é fundamental que o texto sexa persoal. Entre 20 e 30 liñas chegaría, sempre que sexa coas túas palabras, como resultado dunha reflexión previa.

 

Prazo de entrega: Enviar por email durante a segunda semana da terceira avaliación.

 

 

  1. Traballo de investigación e exposición oral (PRAZO: primeira semana de xuño):

 

Como na anterior avaliación, ides investigar a fondo sobre un tema: Ricardo Carvalho Calero e o reintegracionismo.

 

2.1. Traballo de investigación:

O voso traballo debe ser orixinal, podedes buscar e documentarvos na internet, especialmente na páxina de AGAL sobre Carvalho Calero, en vídeos de youtube e noutras webs, pero o resultado TEN QUE SER UN TEMA ORIXINAL SOBRE UN ASPECTO QUE VOS PAREZA INTERESANTE SOBRE CARVALHO CALERO E/OU O REINTEGRACIONISMO.

2.2. Exposición oral.

Co voso traballo persoal, ides preparar unha exposición oral de 3-4 minutos que, se non se reanudan as aulas, enviaredes por whatsapp ao profesor: lingua formal, claridade, correción, etc.

 

Prazo de entrega: O traballo entregarase ao final da terceira avaliación, en princípio antes do 1 de xuño. A exposición, se nom se reanudan as aulas, terá que ser por vídeo.

 

 

  1. Redacta un texto crítico ou de opinión, documentado.

 

A seguinte actividade ten como resultado a creación dun texto escrito como se fose escrito para un xornal ou revista. Ides desenvolver en primeiro lugar un proceso de documentación. O tema: “Amancio Ortega”.

 

O material de referencia que tedes que consultar e coñecer é o seguinte:

 

Prazo de entrega: Último dia da abril

 

  1. Lectura:

 

4.1. Se xa non tedes máis libros na casa podedes darvos de alta na plataforma Galicia Le da rede de bibliotecas públicas de Galiza. Aí tedes moitos títulos de obras en galego que podedes escoller. Escollede un título que vos resulte atractivo, consulta ao profesor por whatsapp ou gmail de podedes ler ese libro, e logo lede o libro e gravade un vídeo indicando: Título. Xénero literario. Personaxes principais e secundarios. Espazo real ou ficticio. Narrador/es. A quen llo recomendarías e por que. A ligazón: https://www.galiciale.gal/

 

 

4.2. Consulta diaria dos xornais dixitais www.nosdiario.gal e/ou www.praza.gal Bóta un ollo de 15 minutos á prensa dixital en galego todos os días para manterte informado. Tamém podes ler algún artigo de opinión.

 

Forma de avaliacíón: o profesor poderá telefonar calquera día -pola mañá preferentemente- para falar sobre as noticias de actualidade e artigos de opinión da prensa.

 

5.TRABALLO OPTATIVO PARA SUBIR NOTA: ELBORAR UN MEME SOBRE CARVALHO CALERO.

 

Estas tarefas -salvando as que teñen un prazo xa marcado- teñen bastante marxe no tempo, tres semanas. Ide enviando segundo vaiades facendo. Non deixedes todo para a última semana. As horas para enviar as tarefas, mellor no horario lectivo. Ou sexa, toda a mañá de luns a venres e os mércores tamén pola tarde respectando así o horario que tiñamos de clases.

 

 

Lingua portuguesa:

 

  1. Consultade prensa portuguesa:

  2. Visionado deste filme: Capitaes de Abril. https://www.youtube.com/watch?v=XLdfxN-hqO0&list=PLpxZm4eTxNp_GOefuDJ7qy_XUQqGcKMCr

    Cada 25 de abril em Portugal e na Galiza celebramos a comemoração da revolução dos cravos, a revolução que botou a Ditadura de Portugal. Este filme achega-se a essse momento.

    Enviar vídeo por whatsapp ao professor com resumo, opinião pessoal e pequeño vocabulário aprendido.

  3. José Afonso, um cantor português muito vinculado à Galiza.

    Visionar este documentário: https://www.youtube.com/watch?v=Igv-z2IN154&t=90s

    Procurar informação na internet sobre José Afonso e a sua relação com a Galiza.

    Redigir um texto sobre José Afonso, explicando a sua vida e obra, qual é a vossa canção preferida e outras coisas de interesse. 30 linhas.

 

  1. Gravação dum vídeo cantando a Grándola Vila Morena, -a capela, sem música- , a canção que celebra a chegada da democracia a Portugal. Com estes vídeos elaboraremos um vídeo entre todas para publicar nas redes o 25 de abril. Para o vídeo temos que desenhar ou conseguir um cravo (uma flor vermelha), símbolo do 25 de abril, e saír com ele na mão. O vídeo hai que envia-lo antes do 23 de abril às 22.00.

    O tema: https://www.youtube.com/watch?v=gaLWqy4e7ls

    E aquí, o tema numa homenagem ao Zeca na Galiza: https://www.youtube.com/watch?v=qngw6OhDZ0I

         

 

4ºESO lingua e literatura galega.

 

Profesora: Eladia Diéguez Vázquez

 

Tarefas e suxestións de traballos. Desde o venres 17 de abril até o venres 8 de maio.

 

1.No tema 8 que sería o que teriamos que ver no inicio da avaliación hai un apartado interesante que leva por título: Variedades lingüísticas e variedades diatópicas. A parte do que tedes no libro que son as características dialectais de cada bloque lingüístico. Podedes completalo cos vídeos de falantes das diferentes áreas para verdes testemuñas desas falas. Son diferentes capítulos do programa Ben falado que procurades a seguinte ligazón: https://www.youtube.com/results?search_query=www.benfalado. Os capítulos son: Falas galegas, seseio, gheada, ghalegho, galego do Bierzo, comparativa entre o galego e o asturiano, como falan no gerês, como falan no Courel, cheísmo, teísmo. Son vídeos de poucos minutos que vos dan unha idea das variantes dialectais e diatópicas da lingua galega. Sería bon que fósedes vendo os vídeos cun mapa da Galiza para localizar ben as zonas. Unha vez visionados os vídeos, escollede a fala da área que máis curiosa vos resultase polas súas variantes e facedes un audio, con humor, facéndovos pasar por un ou unha falante desa área. Remitídesmo ao meu Whatsapp.

 

2.Continuamos coa lectura. Tedes que escoller un novo libro para este trimestre, non ten por que ser de narrativa, facedes un novo vídeo abordando: Tema, argumento, personaxes, espazo, tempo. Se é un libro de poesía, escollede algún poema e analizade; o tema, as características formais, estilísticas e as figuras literarias. No caso de ser un cómic. Analizades a linguaxe visual, as secuencias, as viñetas, as cartelas, as liñas cinéticas, as metáforas visuais, as onomatopeas, o tipo de letra, o tema, o espazo e o tempo. Algúns dos autores de banda deseñada en galego son: Miguelanxo Prado, Fran bueno, Manuel cráneo, Kiko Da Silva, Xaquín Marín, Xosé Tomás, Ana Moreiras... Moitos dos libros podedes atopalos dándovos de alta na plataforma GaliciaLe: https://www.galiciale.gal/ da rede de bibliotecas públicas da Galiza.

3.A prensa dixital en galego. Para estas semanas debedes consultar o xornal www.saltodiario.com a versión galega. En calquera momento podo telefonar a unha ou un de vós para comprobar se estades facendo seguimento deste xornal.

 

4.Visionado do documentario: Polas bravas! Procurar no Youtube.https://www.youtube.com/watch?v=DMPwkW64JMY&list=PLcYvZZwRl886JaOuFibtJdQF__7ZHaZXN.Este documentario aborda o tema de; muller e agro en Allariz (Ourense). A partir do visionado tentade responder o seguinte cuestionario:

1. Credes que estas mulleres podemos denominalas neorrurais? Si, non Por que?

2. Escollede a actividade produtiva de dúas das mulleres que vos resulte máis interesante? Escollerías ese traballo cando foses adulto? Si , non .Xustifica a resposta.

3. Que é a fundación Andrea?

4. Cales credes que son as maiores dificultades coas que se encontran, as persoas que non son do rural para asentarse e poder traballar no rural?

5. No rural actual, hai máis ou menos machismo ca na cidade? Xustificade a resposta.

6. Por que credes que este documentario ten este título?

7. Do ponto de vista da lingua, con que variantes xeográficas se corresponde a fala destas mulleres? Son todas da mesma zona? Algunha emprega o galego estándar?

7. Opinión persoal. Resultouvos interesante? Xa coñecedes dabondo esta realidade e non vos achegou ningunha información nova...

 

Este cuestionario tedes que remitirmo ao meu correo nalgún momento destas tres semanas. eladiadieguez@gmail.com.

 

 

Português 4º eso. Professora: Eládia Diéguez Vázquez

 

Do 17 de abril até o 8 de maio.

1. Para estas semanas : Um repaso de todas as unidades do livro Português: entre nós 1. Repasade ao glossário gramatical. O vocabulário do ano escolar.

 

Consultade estes Sites: www.jormaisportugueses.com,

http://cvc.instituto-camoes.pt/conhecer/biblioteca-digital-camoes.html. Jogos lexicais. Aprender português. A brincar.

 

2. Procurade na internet https://expressodooriente.com/lisboa-ainda-em-video/ poema “Lisboa ainda” do poeta Manuel Alegre. Procurade o vídeo para fazerdes um passeio pela cidade de Lisboa em companha da letra deste poema. (Lisboa em tempos de ailhamento) março de 2020.

 

 

3. Proposta de trabalho com o tema 25 de abril. A revoluçao dos cravos. História, política, música. Há dois filmes que podedes procurar na internet. https://www.youtube.com/watch?v=GuNJ0sAoRtA “A hora da liberdade” . E o filme “Capitaes de abril”

https://www.youtube.com/watch?v=nuLe49e_n-A

Cada 25 de abril em Portugal e na Galiza comemoramos a revoluçao dos cravos, a revoluçao que botou a Ditadura de Portugal. Estes filmes achegam esse momento.

A atividade consistirá em enviar vídeo pelo Whatsapp à professora com resumo, opiniao pessoal e vocabulário em destaque.

 

4. José Afonso, um cantor português muito ligado à Galiza. Visionar este documentário: https://www.youtube.com/watch?v=Igv-z2IN154&t=90s.

Procurar informaçao na internet sobre José Afonso e a sua relaçao com a Galiza. Redigir um texto sobre este cantor explicando a sua vida e obra, qual é a vossa cançao preferida e outras coisas de interesse. Documento de entre 25 e 30 linhas. Enviar ao mail: eladiadieguez@gmail.com.

 

5.Gravaçao dum vídeo cantando a Grândola Vila Morena, a cançao da chegada da democracia a Portugal. Com estes vídeos o professor Séchu editará um vídeo conjunto para publicar nas redes o 25 de abril. Para gravar o vídeo é necessário ter un cravo (flor vermelha), símbolo do 25 de abril, e sair com ele na mao.

O tema: https://www.youtube.com/watch?v=ci76cKwFLDs.

E aqui, o tema numa homenagem ao Zeca na Galiza: https://www.youtube.com/watch?v=8vJYgN-4ELY

 

 

 

 

1º de Bacharelato

 

Para as seguintes tres semanas estas son as tarefas a desenvolver ENTRE O 17 DE ABRIL E O 8 DE MAIO.

 

       1. Literatura:
 
Busca información sobre “O tío Marcos da Portela”, e redacta un texto describíndoo dentro do Rexurdimento, sobre a súa importancia histórica e relaciónao coa prensa en papel actual en galego. É importante que describas a situación actual da prensa galega. E a importancia da prensa no proceso de socialización do galego. E é fundamental que o texto sexa persoal. Entre 20 e 30 liñas chegaría, sempre que sexa coas túas palabras, como resultado dunha reflexión previa.

 

Prazo de entrega: Enviar por email durante a segunda semana da terceira avaliación.

 

  1. Traballo de investigación e exposición oral:

Como na anterior avaliación, ides investigar a fondo sobre un tema: Ricardo Carvalho Calero e o reintegracionismo.

 

2.1. Traballo de investigación: CARVALHO CALERO E O REINTEGRACIONISMO

O voso traballo debe ser orixinal, podedes buscar e documentarvos na internet, especialmente na páxina de AGAL sobre Carvalho Calero, en vídeos de youtube e noutras webs, pero o resultado TEN QUE SER UN TEMA ORIXINAL SOBRE UN ASPECTO QUE VOS PAREZA INTERESANTE SOBRE CARVALHO CALERO E/OU O REINTEGRACIONISMO.

2.2. Exposición oral.

Co voso traballo persoal, ides preparar unha exposición oral de 3-4 minutos que, se non se reanudan as aulas, enviaredes por whatsapp ao profesor: lingua formal, claridade, correción, etc.

 

Prazo de entrega: Este traballo entregarase ao final da terceira avaliación, en princípio antes da primeira semana de xuño. A exposición, se nom se reanudan as aulas, terá que ser por vídeo.

 

 

  1. Redacta un texto crítico ou de opinión, documentado.

 

A seguinte actividade ten como resultado a creación dun texto escrito como se fose escrito para un xornal ou revista. Ides desenvolver en primeiro lugar un proceso de documentación. O tema: “Amancio Ortega”.

 

O material de referencia que tedes que consultar e coñecer é o seguinte:

 

Prazo de entrega: 8 DE MAIO

 

  1. Lectura:

 

4.1. Na terceira avaliación ides ler 1 libro como mínimo, e cada libro a maiores terá un valor de 0,5, até un máximo de 3 libros.

 

Se xa non tedes máis libros na casa podedes darvos de alta na plataforma Galicia Le da rede de bibliotecas públicas de Galiza. Aí tedes moitos títulos de obras en galego que podedes escoller. Escollede un título que vos resulte atractivo, consultade ao profesor por whatsapp ou gmail se podedes ler ese libro, e logo lede o libro. A ligazón: https://www.galiciale.gal/

 

Prazo: A avaliación dos libros farase en breve conversa telefónica co profesor pedindo cita por whatsapp ou correo electrónico.

 

4.2. Consulta diaria dos xornais dixitais www.nosdiario.gal e/ou www.praza.gal Bóta un ollo de 15 minutos á prensa dixital en galego todos os días para manterte informado. Tamém podes ler algún artigo de opinión.

 

Forma de avaliacíón: o profesor poderá telefonar calquera día -pola mañá preferentemente- para falar sobre as noticias de actualidade e artigos de opinión da prensa.

 

5. TRABALLO OPTATIVO PARA SUBIR NOTA: ELBORAR UN MEME SOBRE CARVALHO CALERO

 

Galiza livre de coronavirus (2)
 
Para a semana do luns 30 de marzo ao venres 3 de abril, este é o traballo:
 
 
1°ESO A
 
Ler outro libro. Se tes dúbidas sobre cal ler, consulta co profesor por whatsapp.
 
Unha vez lido, enviade un vídeo de 2 minutos por whatsapp ao profesor no que indiquedes:  Xénero ao que pertence, o tema, un breve resumo do argumento, cal dos personaxes vos resultou máis interesante e outras cousas de interese O rexistro de lingua que tedes que empregar no vídeo ten que ser  formal,  galego estándar.
 
En caso de que non o deades lido nesa semana, podedes enviar o vídeo cando acabedes a lectura.
 
 
 
1º ESO B
 
Para esta semana que queda antes das vacacións. Do 30 de marzo até o 3 de abril. Tedes que ler un  libro en galego. Un ao que teñades acceso nas vosas casas. (Non pode ser un que lésedes este curso
curso).
 
Unha vez lido, enviade un vídeo por whatsapp á profesora no que indiquedes:  Xénero ao que pertence, o tema, un breve resumo do argumento, cal dos personaxes vos resultou máis interesante. Que outro final lle poñeriades. O rexistro de lingua que tedes que empregar no vídeo ten que ser  formal,  galego estándar.
 
Se non o dades terminado de ler nesa semana, podedes enviarme os vídeos durante as vacacións, cando terminedes. A gravación non pode ser inferior a dous minutos.
 
 
 
2 º PMAR: Seguir coas tarefas pautadas. Xa me comunico polo  email.
 
 
 
2º ESO
 
 
1. Lingua galega e literatura
 
Lectura doutro libro. Se tes dúbidas sobre cal ler, consulta co profesor por whatsapp.
 
Unha vez lido, enviade un vídeo por whatsapp ao profesor no que indiquedes:  Xénero ao que pertence, o tema, un breve resumo do argumento, cal dos personaxes vos resultou máis interesante e outras cousas de interese. O rexistro de lingua que tedes que empregar no vídeo ten que ser  formal,  galego estándar.
 
Se non o dades terminado de ler nesa semana, podedes enviarme os vídeos cando terminedes a lectura.
 
 
 
2. Regueifa e improvisación oral en verso: 
 
Continuar co traballo das primeiras dúas semanas. 
 
 
3º ESO
 
 
1. Lingua galega e literatura: 
 
Lectura dun libro. Poñerse en contacto por whatsapp co profesor en caso de dúbidas sobre a lectura a realizar.
 
Unha vez lido, enviade un vídeo de 2 minutos por whatsapp ao profesor no que indiquedes:  Xénero ao que pertence, o tema, un breve resumo do argumento, cal dos personaxes vos resultou máis interesante e outras cousas de interese O rexistro de lingua que tedes que empregar no vídeo ten que ser  formal,  galego estándar.
 
En caso de que non o deades lido nesa semana, podedes enviar o vídeo cando acabedes a lectura.
 
 
Audiovisual:
 
1.Quen teña internet: Ver esta curtametraxe (https://vimeo.com/382028616) e realizar un comentario en vídeo  dun minuto que recolla: temas principais, ollada crítica sobre o filme, análise da protagonista, comentario sobre a lingua galega utilizada polos personaxes e calquera outra cousa de interese. Ao gravar este vídeo, utiliza un galego formal. Enviar o vídeo por whatsapp ao profesor.
 
2.Quen non teña internet: Ver un filme da TVG e realizar un comentario en vídeo -enviar por whatsapp-  dun minuto que recolla: temas principais, ollada crítica sobre o filme, análise da protagonista, comentario sobre a lingua galega utilizada polos personaxes e calquera outra cousa de interese. Ao gravar este vídeo, utiliza un galego formal. Enviar o vídeo por whatsapp ao profesor.
 
 
 
2. Lingua portuguesa:
 

- Olhar esta repprtagem  ( https://m.youtube.com/watch?v=SdbiduLg5-k ) e fazer um vídeo em português de entre 1 e 2 minutos sobre o tema, personagens, argumento, coisas de interese e opinião pessoal... Enviar o vídeo por whatsapp. 

 
 
4º ESO
 
Tarefas para a semana do 30 de marzo ao 3 de abril. (Se non o dades terminado na semana podedes enviarmo máis tarde durante as vacacións)
 
Lectura dun  libro en galego. Un ao que teñades acceso desde as vosas casas. Unha vez lido, tedes que gravar un vídeo facendo un breve resumo e destacando aquilo que vos resultou mais atraínte da lectura. O tempo da gravación non pode ser inferior a dous minutos.
É importante que utilicedes un rexistro de lingua formal.
 

 

1º. Bacharelato
 
 
- Lectura das páxinas indicadas deste libro:  http://www.prolingua.gal/userfiles/files/55%20Mentiras%20IBD.pdf 
 
Páxinas para ler: Desde o principio até a páxina 33 e da 65 até o final. Conversa telefónica co profesor na maña do venres 3 de abril.
 
- Ver esta curtametraxe (https://vimeo.com/382028616) e realizar un comentario en vídeo de entre 1 e 2 minutos que recolla: temas principais, ollada crítica sobre o filme, análise da protagonista, comentario sobre a lingua galega utilizada polos personaxes e calquera outra cousa de interese. Ao gravar este vídeo, utiliza un galego formal. Enviar o vídeo por whatsapp ao profesor.
 
 

 

 

 

 .............................

 

 

 

 Traballo das primeiras 2 semanas de corentena:

 

 

 

 

1. Primeiro da ESO.

 

1. Unidade 3 enteira de www.cotovia.org (http://cotovia.org/proxecto/ud3/ud3_00.html?orix=ud3&tare=00) As tarefas da unidade de redixir e de análise de textos hai que facelas no caderno. As de respostas verdadeiro-falso na páxina da unidade. O apartado de gramática, no caderno. Estudar o apéndice dos verbos. As actividades do caderno recolleranse, de entrada, à volta ao instituto. Abaixo explicanse que actividades se enviarán por correo electrónico.

 

2. Redixir un diario da crise do coronavirus de cada un dos días sen aula. Día por día desde o día 16 de marzo até que regresemos ás aulas. Máis abaixo explícanse os prazos de dúas entregas.

 

3.Ler os libros de lectura obrigatoria (e outros optativos) que estaban propostos. Unha vez lidos facer a seguinte ficha no caderno.

Título e autora/or.

Xustificación do título.

Xénero literario. Xustificar o xénero.

Tema. Se é unha novela ou o tema de cada un dos relatos no caso de ser un libro de contos ou relatos bereves.

Banda deseñada. Tipo de deseños das tiriñas. Temática; histórica, social de xénero.

Personaxes. Descrición e relevancia de cada un deles no desenvolvemento da trama.

Espazo: real ou ficticio.

Tempo no que se desenvolve.

Se é un libro de poesía: temas máis importantes do libro, explicación por escrito dos poemas que máis chamaron a túa atención.

Autoaprendizaxe. Coa lectura desta obra aprendín que...

 

4.Ler prensa diaria en galego: https://www.nosdiario.gal/ e https://praza.gal/

 

Prazos e datas de entrega das actividades:

Entrega da ficha do libro para os que aínda non vos examinastes o luns 23 de marzo.

O texto do diario desde o luns 16 até o luns 23 de marzo, enviar antes do luns 23.

O texto do diario  desde o luns 23 de marzo até o 30, enviar antes de última hora do dia 30.

 

As tarefas do apartado de comunicación de cotovía de comprensión de textos e de gramática enviar antes do xoves 26 de marzo. Creades un documento coas preguntas e respostas e remitídesnolo.

 

Para 1ºB: Os traballos de exposición en grupo data límite luns 30 de marzo. Unha/ un portavoz do grupo remitirame o traballo.

 

 

 

2. Segundo da ESO

 

2.1. Lingua galega e literatura:

1. Na plataforma Edixgal, repasar os contidos da unidade “Língua e literatura na palma da mão: a comunicação no smartphone”.

2. Redactar un texto que recolla a túa opinión crítica sobre as redes sociais -cos contidos de Edixgal e o que vimos na aula- e a crise do coronavirus, nos medios de comunicación e redes sociais. Data límite para enviar: segunda-feira, 23 de marzo.

3. Elaborar un vocabulario galego do coronavirus, que recolla terminoloxía (“luvas, vacina...”) e expresións (“Fica na casa”...) Data límite para enviar: segunda-feira, 23 de marzo.

4. Ler libros de lectura -o de lectura obrigatoria e outro(s) optativos- e prensa diaria en galego: https://www.nosdiario.gal/ e https://praza.gal/

5.Elaboración dun diario da crise do coronavirus, con especial atención á relación entre o persoal (ti e a túa familia), a dimensión galega e a internacional. Enviar dous textos, o primeiro coa semana do 16 ao 20, antes do luns 23 de marzo; o segundo texto, antes do 30 de marzo.

 

2.2. Regueifa e improvisación oral en verso:

Elaborar um trabalho sobre algum aspecto da improvisação oral em verso na Galiza. Por whatsapp podo passar-vos os contatos e informação que necessárias. Temas propostos de onde podedes escolher um:

 

As melodias do repente galego.

 

O I Encontro de Mulleres Repentistas da Galiza

 

As mulheres no movimento repentista galego: Lara do Ar, Silvinha,

 

Sofia Tarela, Nuria das Cruzes, Lorena Medela, etc.

 

Feminismo e regueifa: Alba María e Sara Marchena.

 

O centro de interpretaçom da oralidade de Vigo. Josinho da Teixeira.

 

Entrevista a Pinto de Herbón e/ou Luís o Caruncho.

 

Entrevista a Ramom Pinheiro, investigador.

 

Entrevista a Carlos Alonso, da associaçom ORAL.

 

Mais e pais que aprendem a regueifar às crianças.

 

Os brindos.

 

Entrevista a Iñaki Iturri: o projeto Regueibertso.

 

O improviso nos Países Cataláns.

 

Mulheres improvisadoras de Portugal.

 

O machismo no repentismo.

 

O improviso na ilha de Madeira.

 

Pelejas de galos em galego.

 

Experiência: Um dia falando em verso.

 

O rexurdir da regueifa em Vila de Cruzes.

 

O improviso nos Generais do Ulha.

 

Entrevista a Ainhoa Aramburu sobre o bertsolarismo em Euskal Herria.

 

Ver vídeos de youtube arredor da regueifa e elaborar unha lista de regueifeiras e regueifeiros de todos os tempos.Se precisais ajuda, a travês do gmail ou de whatsapp.

Data límite para enviar: 27 de marzo.

 

 

3. Terceiro da ESO

 

3.1. Lingua galega:

1. Manuel Curros Enríquez: Buscar información e ler profunda e criticamente 3 poemas (ou máis). Despois, coa información sobre Curros e a leitura deses tres poemas (ou máis), redactar un texto que recolla temas, argumentos, intención comunicativa, actualidade dos temas, vocabulario e opinión persoal. O obxectivo é coñecer a obra de Curros Enríquez. Data límite para entregar: 30 de marzo.

2. Ler libros de lectura e prensa diaria en galego: https://www.nosdiario.gal/ e https://praza.gal/.

3. Elaborar un vocabulario galego do coronavirus que recolla terminoloxía (“luvas, vacina...”) e expresións (“Fica na casa”...) Data límite para enviar: segunda-feira, 23 de marzo.

4.Elaboración dun diario da túa experiencia da crise do coronavirus, con especial atención á relación entre o persoal (ti e a túa familia), a dimensión galega e a internacional. Enviar dous textos, o primeiro coa semana do 16 ao 20, antes do luns 23 de marzo; o segundo texto, antes do 30 de marzo.

5. Repasar os contidos que vimos sobre redes sociais e comunicación, e elaborar un vídeo dun minuto que recolla a túa opinión crítica sobre as redes sociais -co que vimos na aula- e a crise do coronavirus nos medios de comunicación e redes sociais. Enviar o vídeo por whatsapp ao profesor. Empregar un galego formal: vocabulário do coronavirus, rexistro culto, etc. O prazo para enviar o vídeo é o vindeiro 24 de marzo.

 

3.2. Lingua portuguesa:

Voltar olhar todo o material do ano escolar.

Ligar-se aos meios de língua portuguesa para fazer seguimento do que se passa com o asunto de atualidade “coronavirus”.

Por exemplo, a página da tv pública portuguesa: https://www.rtp.pt/

E na prensa: https://www.publico.pt/

Redigir um texto (30 linhas aproximadamente) comparando a situação da vivência do coronavirus no alunado da Galiza e de Portugal. Data límite: 27 de marzo.

Elaborar um vocabulário português do coronavirus, de vinte palavras, com terminologia própria do tema. Data límite: 23 de marzo.

Enviar um whatsapp de voz, lendo um texto de 20 linhas duma notícia num jornal português sobre o coronavirus. Límite: 30 de marzo.

 

 

4. Cuarto da ESO

 

4.1. Língua galega e literatura:

 

Tarefas pautadas para estes días sen aulas presenciais.

1.Facer os comentarios dos textos que vos dei fotocopiados da literatura no exilio.

Enviar os comentarios dos textos que non correxiramos o último día. Martes 17 de marzo.

 

2.Facer as actividades de literatura da unidade 14 das páxs 306. 308 e 310. Para facelas é necesario estudar; A literatura galega desde o 1936 até a xeración dos 50.

As actividades (1,2,3,4,5,7,8,9,10.11) da páx 306 luns 23 de marzo.

As actividades(1,2,3,4) da páx 308 xoves 26 de marzo.

 

3.Terminar os traballos que tedes que facer en grupo. Cando os terminedes un portavoz de cada grupo pode remitirmos ao meu gmail. eladiadieguez@gmail.com.

É preciso que indiquedes as persoas que integrades cada grupo con nome e apelidos. O prazo para envialos termina o luns 30 de marzo.

 

4.Lingua e sociedade. Conflito lingüístico. Bilingüismo e diglosia. Planificación lingüística. Preconceptos lingüísticos. Páxs 122, 123,140,141.

Dentro deste apartado. Cada un de vós redixirá un texto de opinión sobre o uso da lingua galega que se fixo por parte das mulleres e do alumnado participantes no acto do auditorio Xosé Casal do día 11 de marzo. O texto de opinión enviar o mércores 18 de marzo.

 

Terminade de ler as lecturas obrigatorias. A medida que vaiades terminando podédesme ir avisando. Xa veremos como facer a comprobación da lectura. Será oral por teléfono cando me vaiades avisando de que terminastes a lectura.

Ler prensa diaria en galego: https://www.nosdiario.gal/ e https://praza.gal/

De momento estes son os prazos. A medida que vaian pasando os días darei novas instrucións.

 

4.2. Língua portuguesa

 

Voltar olhar todo o material do ano escolar. Fazer todas as atividades da Unidade 5.

Terminar de fazer e encaminhar para o meu gmail os trabalhos que não se fizeram entregue.

Ligar-se aos meios de língua portuguesa para fazer seguimento do que se passa com o asunto de atualidade “coronavirus”. Por exemplo, a página da tv pública portuguesa: https://www.rtp.pt/ E na prensa: https://www.publico.pt/

Encaminhar ao meu gmail um resumo do seguimento nos noticiários portugueses ou doutros paises de lingua portuguesa. Com o tramento do tema do coronavirus. Segunda-feira 23 de março.

Elaborar um glossário com o léxico que aprenderam nestes dias sobre o campo sanitário que têm a ver com esta emergência da saude.(Mínimo 15 termos). Quarta-feira 25 d emarço.

 

 

5. Primeiro de Bacharelato

 

1. Eduardo Pondal. Buscar información e ler profunda e criticamente 3 poemas (ou máis) redactando un texto que recolla, relacionando os poemas coa obra de Pondal, os seguintes aspectos: temas, argumentos, intención comunicativa, actualidade dos temas, vocabulario e opinión persoal. Data límite de entrega: 19 de marzo.

2. Manuel Curros Enríquez. Buscar información e ler profunda e criticamente 3 poemas (ou máis) redactando un texto que recolla, relacionando os poemas coa obra de Curros, os seguintes aspectos: temas, argumentos, intención comunicativa, actualidade dos temas, vocabulario e opinión persoal. Data límite de entrega: 26 de marzo.

3. Ler libros de lectura (o obrigatorio e optativos) e prensa diaria en galego: https://www.nosdiario.gal/ e https://praza.gal/

4. Contrastar a vivencia do coronavirus no alunado da Galiza e de Portugal, consultando medios de Portugal: Por exemplo, a página da tv pública portuguesa: https://www.rtp.pt/ E na prensa: https://www.publico.pt/ . E redactar un texto de 20-30 liñas. Data límite de entrega: 23 de marzo.

5.Elaborar un vocabulario galego do coronavirus que recolla terminoloxía (“luvas, vacina...”) e expresións (“Fica na casa”...) Data límite de entrega: 30 de marzo.

6.Elaborar un vídeo de 1 minuto cunha opinión crítica sobre a crise do coronavírus, redes sociais e a sociedade galega, e enviar ao whatsapp do profesor. Data límite de entrega: 26 de marzo.