Alumno do Camballón acada a medalla de ouro no campeonado Galicia Skills
O alumno, Sergio López, do segundo curso do Ciclo de Soldadura e Calderería, foi premiado co primer premio, medalla de ouro, na categoría de soldadura dentro campionato galego de FP Galicia Skills.
Galiciaskills é o campionato galego da formación profesional que se celebra cada dous anos e consiste no desenvolvemento dunha serie de competicións relacionadas coas distintas especialidades da formación profesional, nas que os participantes han demostrar a súa competencia profesional e medir as súas destrezas con alumnado de distintos centros de Galicia na realización das correspondentes probas.
Como gañador do campeonato, na categoría de soldadura, Gabriel representará a Galicia no campionato nacional Spainskills.
Este premio é unha gran alegría para todo o instituto, e un recoñecemento da labor realizada polo profesorado do ciclo de soldadura.
Faro de Vigo: Los más habiles de la clase
La Voz de Galicia: Galicia Skills 2023