Saltar navegación.
Inicio

Constitución Xunta Electoral - Elección membros do Consello Escolar

De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 30/09), realizarase proximamente neste centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do centro. 

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral, que se constituirá ao efecto, e integrada por:

  • O director ou directora do centro
  • Un profesor ou profesora
  • Un pai ou nai ou titor legal
  • Un alumno ou alumna
  • Un representante do persoal de administración e servizos

Os catro últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se  preverá a designación de membros supelentes, celebrarase neste centro o próximo día 28 de outubro, ás 11:30 horas.

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escoalr deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

 

Vila de Cruces, a 26 de outubro de 2022

AdxuntoTamaño
01 20221026 Anuncio constitución Xunta Electoral.pdf350.7 KB