Skip to Content

EDLG

Samaín 2019

 

O alumnado do IES Leliadoura quixo celebrar O Samaín e durante tres días disfrutamos da creatividade do noso alumnado transformando as cabazas en obras de arte.

Samaín 2019

ARTEspazo Autoestima

O IES Leliadoura participou en colaboración con IES San Clemente de Santiago de Compostela e os centros CEIP de Sestelo-Baión de Vilanova de Arousa e o IES de Poio, nunha actividade feita polo alumnado destos centros sobre a Autoestima e convidamos a todo o que queira  a visitar a exposición que se abre durante o mes de Outubro na sala de usos múltiples nos recreos e os luns pola tarde de 17:20 a 18:10.

 

ARTEspazo  Autoestima

Alumnado do IES Leliadoura gañadores do terceiro premio do Correlíngua 2019

O alumnado de primeiro da ESO do IES Leliadoura participou outra vez este curso no Correlingua 2019 en Santiago de Compostela hoxe 6 de maio e fomos gañadores un ano máis do premio a mellor banda e deseño.

Carreira e festa polo galego coa participación de 1.600 escolares da comarca de niveis dende Infantil, Primaria e Secundaria de varios concellos. 

Alumnado do IES Leliadoura gañadores do terceiro premio do Correlíngua 2019

Obradoiros de ilustración

O Equipo  de Dinamización e Normalización Lingüística tiña programado un obradoiro de ilustración  para o  xoves día 25 de abril coa participación de Anxo Fariña que estivo de visita no IES Leliadoura no día de onte  para impartir tres obradoiros de ilustración para o alumnado de 1º de ESO.

Obradoiros de ilustración

Día Internacional das Mulleres

O 8 de marzo celébrase o Dia Internacional das Mulleres. Durante esta xornada reivindícase unha sociedade igualitaria e búscase que o papel das mulleres ocupe o nivel que lle corresponde en termos de equidade. O 8 de marzo é o día que nos recorda o importantes que son as mulleres durante todos os momentos da nosa vida.

Día Internacional das Mulleres

Rosalía do século XIX ao XXI Libre o meu pensamento!

O venres celebramos no IES Leliadoura o día de Rosalía que se conmemora o 24 de febreiro día do seu nacemento cun recital da súa poesía coa seguinte temática: o espolio, as violacións, a inxustizas sociais, os desfiuzamentos, o éxodo e os abusos laborais, recitados polo alumnado do centro dende 1º da ESO ata 2º de Bacharelato.

Ao final do acto foron agasallados cun libro e unha flor neste caso decidimos dar unha camelia.

Rosalía do século XIX ao XXI Libre o meu pensamento!

Obradoiros de Educación para o consumo responsable

O equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Leliadoura contactou coa Escola Galega de Consumo para levar a cabo una actividade obradoiro para todo o alumnado de 1º de ESO ata Bacharelatos e tamén F.P.Básica que se desenrolou o día 23 de novembro na biblioteca do centro e nunha aula de bacharelato.

Obradoiros de Educación para o consumo responsable

Premios gañadoras do concurso de cabazas Samáin da ANPA

O día 9 de novembro que foi cando celebramos "O Magosto " no IES Leliadoura a presidenta da ANPA fixo entrega dos premios as gañadoras no concurso de cabazas e outos froitos de outono 

As premidas foron agasalladas cun libro de ilustracións de Carlos Dávila e un vale para  un bocadillo que recolleron na cafetería do instituto.

Premios gañadoras do concurso de cabazas Samáin da ANPA

O magosto no Leliadoura

O pasado venres día 9 de novembro celebramos o magosto no LELIADOURA.

O magosto no Leliadoura

EN GALEGO TAMÉN CONTA

 

A partir do 31 de outubro e no mes de novembro no noso centro o equipo de normalización tiña programado facer durante todo o mes unhas sesións de contacontos en galego e abríu esta actividade Daniel Gómez Ramil con contos de samaín, contos de medo e outras historias contadas polos máis vellos recolleitas da tradición que se contaban polas noites ao pe do lume das lareiras.

EN GALEGO TAMÉN CONTA
Distribuir contido


by Dr. Radut