Skip to Content

Obradoiros de ilustración

Obradoiros de ilustración

O Equipo  de Dinamización e Normalización Lingüística tiña programado un obradoiro de ilustración  para o  xoves día 25 de abril coa participación de Anxo Fariña que estivo de visita no IES Leliadoura no día de onte  para impartir tres obradoiros de ilustración para o alumnado de 1º de ESO.

 

 

 Anxo Fariña neceu en Vigo. Licenciado en Belas Artes. Escritor, ilustrador e Director de Arte.

Anxo é un ilustrador, escritor e deseñador de libros infantís e xuvenís galego e como él mesmo di “principalmente me dedico a todo aquelo que teña que ver coa creatividade"; e aparte de escribir, ilustrar e deseñar tamén compaxina este traballo creativo co contacto directo cos seus lectores, da charlas e talleres…” coma hoxe no noso instituto.

Dende o 2005 está a desenvolver unha campaña de promoción da lectura e a creatividade que o levou a visitar centros de ensino (infantil, primaria e secundaria).

Sempre lle gustou contar historias,el comenta que empezou debuxándoas porque tamén  lle encantaba debuxar e publicou máis de 50 libros, case todo de literatura infantil e xuvenil, e case 100 ilustrados.

Acaba de sair o sexto libro da  serie Megatoxos, que por agora só se publica en galego.

         

                   

Gañador do premio Merlin en 2011 e do Frei Martín Sarmiento en 2012 por: A Chave da Atlántida.

Destaca a súa utilización da cor, e un estilo de debuxo áxil e sinxelo. Nas súas historias mestúrase o humor coa aventura, sen descoidar a incidencia en temas sociais.

O alumnado de primeiro disfrutou moito con esta actividade na que eles foron tamén diseñadores por un momento aprendendo algunhas das técnicas máis utilizadas nestos deseños

 

    

        

 

 

 

 

 



image | by Dr. Radut