Skip to Content

Alumnado do IES Leliadoura gañadores do terceiro premio do Correlíngua 2019

Alumnado do IES Leliadoura gañadores do terceiro premio do Correlíngua 2019

O alumnado de primeiro da ESO do IES Leliadoura participou outra vez este curso no Correlingua 2019 en Santiago de Compostela hoxe 6 de maio e fomos gañadores un ano máis do premio a mellor banda e deseño.

Carreira e festa polo galego coa participación de 1.600 escolares da comarca de niveis dende Infantil, Primaria e Secundaria de varios concellos. 

 

Participamos na festa final do Correlingua na praza da Qiuintana e logo fixemos un percorrido por varias rúas de Santiago partindo dende esta praza e indo polas rúas do Villar, as Horfas, praza de Cervantes, rúa da casa da troia, rúa da Conga, Algalia,Xoan XXIII Praza do Obradoiro,Praterías para voltar a Quintana outra vez.

 

Algúns do noso alumnado levaban pandeireta, cunchas, tambor e ían animando esta andaina durante todo o percorrido.

Outros portaban a pancarta do noso IES.

Tamén bailamos e cantamos e pasámolo moi ben.

 

 

 

 

Foi unha andaina moi participativa e cun ambiente moi festivo o que se viviu hoxe pola mañán polas rúas de Santiago de Compostela.

20 centros de ensino participaron este ano nunha actividade que vai pola XIX edición.

 

 

Neste acto tivo lugar a entrega de premios ás mellores pancartas que recaeron por esta orde no IES Leliadoura de Ribeira, o CPI Antonio Orza Couto de Boqueixón e o CEP Plurilíngüe de Ventín (Ames)

O fin de festa foi conducido pola actriz Isabel Blanco e a festa rematou coa actuación da cantautora cambadesa Pauliña que foi gañadora este ano do concurso Cantalíngua e que animou a todos a falar galego  sen complexos e vivir cada día nunha língua que é unha riqueza o tela.

Noraboa a todos.

 

 



image | by Dr. Radut