Skip to Content

Día Internacional das Mulleres

Día Internacional das Mulleres

O 8 de marzo celébrase o Dia Internacional das Mulleres. Durante esta xornada reivindícase unha sociedade igualitaria e búscase que o papel das mulleres ocupe o nivel que lle corresponde en termos de equidade. O 8 de marzo é o día que nos recorda o importantes que son as mulleres durante todos os momentos da nosa vida.

O equipo de dinamización da língua Galega co gallo da celebración deste día decidiu invitar a unha muller relacionada con distintas profesións que desempeñou ao longo de toda a súa vida laboral.

Gloria Lijó, unha ribeirense hoxe xa xubilada pero que segue ainda moi activa, estivo no noso centro para contarnos como dende moi xovenciña tivo que esforzarse e traballar para gañarse o pan; incluso en oficios que naquela época só desempeñaban os homes, como o de enrolarse nun barco. Como ela nos conta, sin saber nadar e con cincuenta e tantos anos quixo aprender e foi á piscina municipal e co seu afán de superación chegou incluso a ser campiona nacional de natación pola categoría de natación da terceira idade.

No día de hoxe esta muller ainda que está xubilada segue en activo e leva cinco anos de presidenta do centro da terceira idade de Ribeira, actúa no grupo de teatro desta localidade e canta na coral polifónica municipal.

Como ela mesmo di: "Teño os anos pero négome a ser vella" e segue mentras pode implicándose en toda aquela iniciativa que o tempo lle permita e en actividades lúdicas e formativas que ainda ten en mente.



image | by Dr. Radut