Skip to Content

Últimas publicacións

27/05/2016 - 08:48

Xa podes ver o vídeo coa festa de graduación da nosa promoción de bacharelato 2010-2016. Sorte a tod@s na nova andaina que comezan a artires de agora.

 

26/05/2016 - 16:59

Onte recibimos a visita do dúo Os Monifates, ambos son músicos cunha ampla experiencia na música tradicional.

Mostráronnos un gran repertorio de instrumentos de percusión, vento e corda, realizados, a meirande parte, polo artesán e músico Xosé Piñeiro que conforma o dúo xunto a Alberto Millán.

Tamén puidemos disfrutar de Xaquín e Maruxa, os bailaríns de madeira que...

26/05/2016 - 13:10

O pasado mécores 18 visitounos a malabarista Marijo Sampedro

para impartir un obradoiro de elaboración e práctica  de xogos malabares

ao alumnado de 1º da ESO.

 

 

 

25/05/2016 - 12:19
Termos: ANPA

O venres 20 de maio, no marco do "Maio cultural", o alumnado de 1º e 2º da ESO puido, grazas á colaboración da ANPA do IES LELIADOURA, disfrutar da visita e do bo facer de Iolanda Castaño.

O noso alumnado aprendeu, entre outras moitas cousas, que "A poesía non morde!"

Un pracer, Iolanda, contar coa túa xenerosidade e bo facer. E, por suposto, agradecer a...

24/05/2016 - 21:41

As actividades culturais continúan no noso centro.

Onte visitou a nosa estupenda Biblioteca o escritor galego Antón Riveiro Coello, durante 50 minutos estivo mantendo unha animada charla co noso alumnado de 4º da ESO e de 1º de BACHARELATO.

Estamos case seguros de que moit@s d@s nos@s rapaces e rapazas teñen reservado para o próximo verán algún dos libros deste escritor.

13/05/2016 - 22:38

 Hoxe, na Biblioteca do centro, o noso alumnado e profesorado puido disfrutar de dúas charlas moi amenas e interesantes sobre o Universo, dentro do marco do Maio cultural:

“O talento dos antigos gregos para medir o Universo”

 “As galaxias e as sorpresas do tamaño do Universo”

 

No Leliadoura ímonos de...

12/05/2016 - 17:50

Hoxe, ás 12:30, inauguramos o Maio cultural no Leliadoura.

Desexamos que todas as actividades, obradoiros, charlas, saídas, concertos... sexan do voso agrado!

 

11/05/2016 - 21:47
03/05/2016 - 10:39
03/05/2016 - 10:37

Proceso de creación desenvolto polo alumnado leliadour@



by Dr. Radut