Skip to Content

Proxecto Etwinning: Cheltenham (UK) - Nivala (Finland) - Frións (Spain)

 

 

Este curso académico o alumnado de 3º da ESO do IES Leliadoura está a tomar parte, xunto coa súa profesora, Marisa Triñanes, nun proxecto Etwinning.

 

 

Bea Irene e Ainara gravando o seu video

 

 

 

 

 

 

Comezouse compartindo sinxelos vídeos co Cheltenham College de Reino Unido gracias á colaboración inestimable da súa profesora de español, Ana Sofía López Reyes. Estes vídeos foron ideados,gravados e editados polo propio alumnado 

Unhas semanas despois uniuse outro instituto a este proxecto, o Niva-Kaijan Koulu  de Nivala en Finlandia co que tamén intercambiamos o noso video. A súa profesora de inglés Anni Ahokangas, propúxonos incluír estas actividades como parte dun proxecto Etwinning. Entusiasmados coa idea, decidimos facelo e seguir mantendo contacto con eles coa intención de realizar actividades usando a lingua inglesa co obxectivo principal de motivar ao alumnado a empregar esta lingua nun contexto real con xente do seu rango de idade. 

 

A nosa próxima actividade dentro deste proxecto é o intercambio de postais creadas de cero polo alumnado. En breve teredes máis novas sobre este tema e poderedes ver o duro e ben que traballan os nosos Leliadouros!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 



story | by Dr. Radut