Skip to Content

Viaxe a Barcelona á Feira Internacional de empresas simuladas SEFED

Viaxe a Barcelona á Feira Internacional de empresas simuladas SEFED

O alumnado de segundo curso de Xestión Administrativa viaxou a Barcelona para participar, durante os días 14, 15 e 16 de marzo, na 13ª Feira Internacional de Empresas Simuladas 2018 que organiza a Fundació Inform para a rede de empresas simuladas SEFED e para todas as empresas simuladas estranxeiras da organización internacional Europen-Pen International, á que tamén pertence a Fundació Inform.

Durante eses tres días en Barcelona o alumnado realizou contactos de compra e venda cas distintas empresas que tiñan estands na Feira. O alumnado fixo contactos incluso con empresas estranxeiras coas que realizaron intercambios comerciais. Dende o punto de vista académico, a visita foi un verdadeiro éxito.

A plataforma SEFED utilízase no Módulo Empresa na Aula de segundo de Xestión Administrativa para o traballo de aula. Esta plataforma permite a utilización dunha metodoloxía activa cun compoñente claramente profesionalizador. Promove a formación por medio da experiencia: "aprender facendo, aprender traballando" (learning by doing). 

O proxecto SEFED utiliza a creación dunha empresa na aula do centro educativo como ferramenta pedagóxica para formar ao alumnado, de forma práctica e transversal (learning by doing), en tarefas administrativas e de xestión empresarial, utilizando a simulación de empresas como metodoloxía de aprendizaxe.

  • O centro educativo crea una empresa na aula: distribución por departamentos e os recursos habituais na oficina.

  • Esta empresa simulada SEFED funciona como unha empresa real: compra e vende os seus produtos/servizos, ten relaciones comerciais con outras empresas simuladas de todo el mundo, contabiliza operacións, controla tesourería, paga impostos, xestiona recursos humanos e o departamento de marketing, etc.

  • O alumnado integrase nun contexto no que se vive o ambiente laboral, e se dan as condiciones dunha relación de traballo que facilitan a aprendizaxe e o adestramento das situacións, tarefas e procesos habituais na vida real.

  • O obxectivo é conseguir as competencias de cada un dos postos de traballo da empresa simulada.



image | by Dr. Radut