Skip to Content

As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas

As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas

Exposición na sala de usos múltiples do IES LELIADOURA rememorando a CARLOS CASARES, a quen se lle adicou este ano 2017 o día das Letras Galegas.

As láminas dos traballos realizados por profesores e alumnado doutros centros foi cedida polo equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES SAN CLEMENTE de Santiago de Compostela que coordina o profesor Marcos Vence.

Invitamos a toda a comunidade educativa do centro a ver esta exposición; aberta no seguinte horario

de luns a venres nos recreos

10:30 a 10:50         e  de   12:30 a 12:45

Mércores,xoves e venres

de 10:45 a 11:35

O alumnado de ESO e Bacharelato pode facer a visita no horario de titorias para ir acompañado polo titor ou titora do grupo.

Hai unhas actividades que se poden facer sobre esta exposición.

 



image | by Dr. Radut