Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
NOVAS | BOLSA DE EMPREGO | ACTIVACIÓN ABALAR | ||
Probas libres 2023-2024 https://www.edu.xunta.gal/fp/probas-libres-convocatoria-actual
|
Lémbrase que o luns 20 de maio é lectivo. |
|
Acceso á bolsa de emprego do Centro Integrado de FP Leixa |
Todo o estudantado debe activarse na aplicación Abalar ou en AbalarMóbil |
SECRETARÍA VIRTUAL | ||||
ACCESOS RÁPIDOS | ||||
SERVIZOS VIRTUAIS | XESTIÓN EDUCATIVA | |||
LIGAZÓNS DE CENTRO | ||||
INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN | WEBS CIFP LEIXA | |||
LIGAZÓNS EXTERNAS | ||||
SERVIZOS EDUCATIVOS | ||||
Novas da Consellería de Educación - RSS
- A Xunta mellora o modelo galego de ensino híbrido coa nova plataforma cREAgal, que permitirá crear contidos interactivos de calidade e personalizados
- A Xunta eleva a 665 os auxiliares estranxeiros no sistema educativo galego para o vindeiro curso, récord histórico do apoio á aprendizaxe de linguas
- A Xunta inxecta case 1,6 M€ no centro de investigación interdisciplinar en tecnoloxías ambientais, Cretus, tras incorporarse á rede de excelencia
- Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Exames e respostas da convocatoria 2024
- Convocado concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres para cubrir, en comisión de servizos, postos de escolarización a alumnado de atención preferente (ED013B)
Novas de FP - RSS
- Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Exames e respostas da convocatoria 2024.
- Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE e LOXSE). Curso 2023-2024
- Ampliación do prazo de presentación de solicitudes de Atrévete a ter unha idea
- Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE e LOXSE). Listaxe de 1ª adxudicación. Curso 2023-2024
- Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE e LOXSE). Curso 2023-2024
Novas da Consellería
Publicación das cualificacións das probas eliminatorias de coñecemento de lingua galega e castelá no marco dos procedementos selectivos para o acceso e ingreso, mediante concurso-oposición nos corpos docentes non universitarios (ED001A)
De conformidade coas bases 8.3 e 9.3 da Orde do 31 de xaneiro de 2024, poderanse consultar as cualificacións da proba eliminatoria de acreditación do coñecemento de lingua castelá e galega, valorada polos tribunais nomeados mediante resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, na seguinte ligazón: www.edu.xunta.gal/oposicions
Para estes efectos cómpre seguir as seguintes indicacións:
1.- Menú “Consultas públicas”
2.- Consulta de publicacións dos tribunais do concurso-oposición
3.- Opción Convocatoria Data DOG 14-02-2024, Servizo S
4.-Opción Corpo: 590-Profesores de ensino secundario
5.-Opción Especialidade:004 Lingua castelá e literatura ou 053-Lingua e literatura galega (segundo corresponda)
6.- Opción Tribunal (especial) (escoller o número de tribunal especial ao que foi adscrito o persoal aspirante)
Servizo relacionado:
OposiciónsTema:
OposiciónsEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especialDepartamento:
Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoA Consellería de Educación impulsará a FP Dual no Instituto de Valga con novos proxectos para o vindeiro curso
Summary:
A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visita o centro para avanzar sobre estas novas colaboracións
Idioma GallegoA directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visitou hoxe o Instituto IES Plurilingüe de Valga, do que destacou a súa aposta pola FP Dual, modalidade na que desenvolve un proxecto no ciclo de grao medio en Soldadura e caldeiraría. “Xa temos varias colaboracións avanzadas para iniciar novos proxectos de Dual para o vindeiro curso, que poderemos concretar nas próximas semanas e que supoñen un importante incremento da oferta respondendo ao tecido produtivo da zona”, explicou.
A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP salientou tamén o labor do centro á hora de achegar unha ampla oferta de ciclos formativos ao rural. Neste sentido, puxo en valor a especialización deste centro na familia profesional da Fabricación mecánica, da que imparte tanto o ciclo básico en Fabricación e montaxe como o medio de Soldadura e caldeiraría e o superior de Construcións metálicas.
Durante a súa visita, a directora xeral coñeceu o funcionamento das aulas de Agroxardinaría, das zonas de cultivo e dos talleres de Fabricación mecánica.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalA Xunta inxecta case 2M€ no Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía, CICA, tras a súa incorporación á Rede de Investigación de Excelencia de Galicia
Summary:
O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, visita este centro da Universidade da Coruña centrado na biomedicina, a nanociencia e a alimentación
Idioma GallegoA Xunta de Galicia vai inxectar preto de 2M€ no Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía, CICA, da Universidade da Coruña, tras a súa incorporación á Rede de Investigación de Excelencia de Galicia, que aglutina os axentes investigadores máis punteiros que operan nas universidades galegas.
O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, visitou esta mañá o centro para coñecer de primeira man as principais liñas de investigación que está liderando así como para explicar o apoio da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional enfocado a blindar un financiamento estable da súa actividade científica ata o ano 2027.
Nesta aposta estratéxica por seguir impulsado a investigación científica de calidade como piar de desenvolvemento socioeconómico, o Goberno galego vén de incrementar un 31%, ata acadar os 23,6M€, o orzamento destinado á Rede de Centros de Investigación Universitaria de Galicia, que agora incorporar cinco novos centros á mesma, dous na máxima categoría, como é o caso do CICA, e tres na nova categoría de colaboradores, que aspiran a entrar nos vindeiros anos e que tamén recibirán financiamento autonómico.
Ese apoio consolida o modelo galego de investigación universitaria, que sitúa a Galicia entre as cinco mellores autonomías do Estado en apoio á actividade investigadora. De feito, é a única Comunidade cun programa completo de formación investigadora, é dicir, para as etapas predoutoral e posdoutoral, e cun programa de retención de talento.
Biomedicina, nanociencia e alimentaciónO Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía, CICA, iniciou o seu funcionamento en 2015 na Universidade da Coruña tras concentrar unha serie de grupos de investigación de química e bioloxía en expansión naquel momento e comprometidos coa transferencia de coñecemento e innovación á sociedade.
Na actualidade conta con 94 investigadores adscritos que centran a súa axenda científica nos eidos da biomedicina, a nanociencia e a alimentación. No primeiro dos campos, as súas liñas de investigación prioritarias céntranse en traducir os resultados da investigación básica en aplicacións médicas para a neurociencia, as enfermidades infecciosas e crónicas, a medicina rexenerativa e o envellecemento.
Na área da nanociencia e materiais avanzados, os científicos ocúpanse do deseño, preparación e caracterización de compostos, a súa avaliación biolóxica para ser utilizadas no estudo de procesos biolóxicos e o desenvolvemento de ferramentas biomédicas, ou ben para abordar novos retos industriais.
Os grupos de traballo da área da alimentación, contaminación e saúde estudan a incidencia da contaminación, a xestión da auga, o cambio climático e a alimentación na saúde humana, entre outros.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalCorrección de erros: Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado
Anuncio principal:
Resolución do 28 de febreiro de 2024, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato de Galicia no curso 2023/24Tema:
Información xeral Competencia DixitalEnsinanza:
Educación secundaria obrigatoria BacharelatoDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación EducativaColectivo:
Alumnado Familias CentrosResolución do VI Concurso de podcasts - Radio na biblio
Publícase a Resolución do 14 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, dos centros galardoados e correspondentes premios do VI Concurso de Podcasts – Radio na biblio, destinado a centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, en colaboración coa Radio Galega (CRTVG), no contexto do PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe).
Concédense os premios que se relacionan no anexo I da devandita resolución, polos traballos que se especifican nas distintas modalidades. Os podcasts seleccionados serán difundidos a través da páxina web da Radio Galega e na plataforma dixital A Galega Audio https://agalegaaudio.gal/ . Así mesmo, recibirán difusión a través dos medios web da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (Bibliotecas Escolares de Galicia e outros).
Anuncio principal:
Convocatoria do VI Concurso de Podcasts – Radio na biblioTema:
Programas e plans Plan LÍA Bibliotecas escolaresEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especialDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación EducativaColectivo:
Profesorado Alumnado CentrosA apertura do QMIO á comunidade científica atraerá talento e investimentos a Galicia e promoverá o seu liderado no eido da computación cuántica
Summary:
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, visita o Centro de Supercomputación de Galicia coincidindo coa publicación do protocolo de acceso ao computador cuántico
“Vai redundar nunha aceleración da economía e na transferencia a aplicacións prácticas cunha gran repercusión empresarial e social” destaca o conselleiro
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, visitou esta mañá o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) coincidindo coa apertura á comunidade científica do uso do novo computador cuántico QMIO. O responsable do departamento de Ciencia da Xunta sinalou este paso como “un fito que vai atraer talento e investimentos e vai promover o liderado de Galicia no eido da computación cuántica”.
Neste sentido, destacou que a nosa Comunidade parte coa vantaxe de contar desde outubro co QMIO, o primeiro computador cuántico deste tipo instalado en España e o que conta con máis cúbits do Sur de Europa nunha institución pública. Esta infraestrutura supuxo un investimento por parte da Xunta de Galicia de case 14M€, como explicou o conselleiro, que estivo acompañado da directora xeral da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, e do director do CESGA, Lois Orosa.
“Trátase dun potentísimo recurso que hoxe poñemos a disposición do ecosistema de I+D+i, principalmente o galego pero tamén de toda España, e que vai repercutir nun beneficio para practicamente todos os sectores económicos”, explicou o conselleiro. Non en balde, a computación cuántica pode aplicarse á farmacoloxía, medicina, loxística ou química, polo que vai permitir descubrir novos medicamentos, crear novos algoritmos de diagnose de enfermidades, optimizar os procesos de produción ou descubrir novos materiais, entre outros logros.
“O novo protocolo de acceso ao QMIO vai redundar, polo tanto, nunha aceleración da economía de Galicia e na transferencia do coñecemento a aplicacións prácticas que van ter unha gran repercusión a nivel empresarial e social”, resaltou Román Rodríguez.
A iniciativa enmárcase no Polo de Tecnoloxías Cuánticas de Galicia, no que se levan investidos 30M€ e que xa xeraron unha trintena de empregos directos de alta cualificación en Galicia. De feito, espérase un incremento nos próximos anos debido a os proxectos que captarán os investigadores.
Protocolo de acceso
O QMIO será accesible de xeito gratuíto desde hoxe á investigación e desenvolvemento que se faga nas universidades, nos centros de investigación, centros tecnolóxicos e empresas, tanto a nivel de Galicia como nacional, fomentando a colaboración entre investigadores da nosa Comunidade e de toda España. De feito, con carácter xeral, os centros de investigación nacionais terán acceso na medida en que colaboren con entidades de investigación galegas.
Rexerase a través dun protocolo que establece catro tipos de acceso: a través da Rede Española de Supercomputación (RES), acceso aberto, acceso reservado para o CESGA e acceso con fins educativos. O primeiro deles canalizarase a través dos protocolos da Rede Española de Supercomputación (RES) da que o CESGA é un nodo. Neste caso, o CESGA achegará o 20% do tempo dispoñible do ordenador cuántico á RES, quen asignaría os recursos a través dos protocolos definidos para tal efecto na RES.
No caso do acceso aberto, canalizarase a través dos trámites e convocatorias abertos polo propio CESGA. Dentro do tipo de acceso libre distínguense dous tipos de actividades, as de curto alcance (pequenos proxectos exploratorios ou probas) e as de medio e longo alcance (proxectos con necesidades grandes de recursos priorizados, con fins científicos específicos e preparados para a súa execución inmediata).
O terceiro tipo de acceso está reservado para o persoal do CESGA, que na actualidade conta cun grupo de investigación en Computación Cuántica composto por 11 persoas. En concreto poderá usarse para proxectos nos que participe o centro e para convenios específicos de colaboración con fins de investigación ou desenvolvemento tecnolóxico con outras institucións. Tamén se inclúen nesta categoría os proxectos de carácter estratéxico que considere.
Finalmente, o protocolo contempla o acceso para actividades educativas dirixidas á xeración de talento en computación cuántica realizadas por universidades galegas, centros de investigación galegos ou o CSIC, onde se dará prioridade a iniciativas que forman parte dos traballos fin de grao e fin de mestrado.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
A Xunta aprobará os decretos para a gratuidade da Universidade e dos estudos artísticos ao comezo do verán, antes de iniciar o período de matrícula
Summary:
Román Rodríguez recalca no Parlamento que Galicia será a primeira Comunidade na que todo o ensino será gratuíto, desde a Escola Infantil ata a Universidade
Idioma GallegoA Xunta de Galicia está xa a tramitar os decretos que permitirán, a partir do vindeiro curso, que o alumnado de grao das universidades públicas galegas e os de ensinanzas artísticas superiores teñan a matrícula gratuíta. A medida será aprobada no Consello a principios de verán, a tempo para o inicio do período de matriculación. Así o explicou hoxe no Parlamento o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, que recalcou que Galicia será a primeira Comunidade na que todo o ensino será gratuíto, desde a escola infantil ata a universidade.
“Desde o Goberno galego levamos anos traballando para construír un sistema no que se garanta a excelencia e a igualdade de oportunidades de todo o alumnado”, lembrou, e puxo como exemplo a conxelación das taxas universitarias durante 14 anos consecutivos. “Acadamos os prezos públicos máis baixos de toda España, tanto en grao como en máster, co que as familias galegas levan aforrados 200M€ neste tempo”, sinalou.
Agora, con este novo paso, universalízase a gratuidade, á par que se premia o esforzo, cunha medida que vai ter un alcance potencial de 50.000 alumnos e que beneficiará aos alumnos tanto de primeiro como do resto de cursos. No caso do alumnado universitario, suporá un aforro medio de 3.000€ ao longo da carreira. E, namentres, as universidades non verán reducidos os seus ingresos, pois serán compensados polo Goberno galego.
Sen trámites adicionais
Román Rodríguez detallou que a nova medida se vai implementar a través de dous textos normativos, tanto para as universidades como para as ensinanzas artísticas.
“Levamos semanas traballando para definir estas cuestións técnicas, a nivel interno e coas propias universidades, co fin de deseñar o modo en que o alumnado poderá optar por esta bonificación”, dixo. Neste senso, adiantou que, no caso dos graos, o procedemento xa estará incorporado nas plataformas de matriculación de cada universidade (USC, UVigo e UDC) e non requirirá de ningún trámite adicional.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
O secretario xeral de Universidades enxalza os programas de doutoramento no 50 aniversario dos estudos de Pedagoxía en Galicia
Summary:
José Alberto Díez participa na inauguración do simposio organizado pola Facultade de Ciencias de Educación da USC
Idioma GallegoO secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, participou hoxe no acto de inauguración do Simposio internacional sobre o doutoramento en Educación. Coñecemento e acción transformadora, para celebrar o 50 aniversario dos estudos de Pedagoxía en Galicia.
Organizado pola Facultade de Ciencias da Educación, xunto co Departamento de Pedagoxía e Didáctica e o Instituto de Ciencias da Educación (ICE), o simposio quere servir como punto de encontro entre investigadores do ámbito da Educación para analizar a situación e perspectivas do Doutoramento en Educación no marco dunha sociedade do coñecemento. “Estes encontros, que apoiamos desde a Xunta de Galicia, son fundamentais para continuar mellorando o noso sistema universitario e a calidade dos seus estudos, onde os programas de doutoramento son fundamentais”, afirmou o representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP.
O encontro, que se prolongará ata mañá, busca poñer en común entre os participantes a relevancia e calidade dos programas de doutoramento, para estudar as súas disintas modalidades e xerar espazos de debate e participación dos estudantes. Nel participan doutores e profesores universitarios que achegan a súa visión do sistema en España, Finlandia, Portugal, Cuba e Chile, entre outros.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalCORRECCIÓN DE ERROS. Resolución de 9 de abril de 2024, da Dirección Xeneral de Formación Profesional, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024/25
Xúntase a CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución de 9 de abril de 2024, da Dirección Xeneral de Formación Profesional, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024/25.
Anuncio principal:
Convocadas as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024/25Tema:
EscolarizaciónEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas deportivasDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe PermanenteColectivo:
AlumnadoTribunais para as probas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores nos centros dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para o curso 2024/25
Anuncio principal:
Resolución do 16 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan probas e se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas artísticas superiores da Comunidade Autónoma de Galicia curso 2024/25Tema:
EscolarizaciónEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas de conservación e restauración de bens culturais Ensinanzas de arte dramática Ensinanzas superiores de deseño Ensinanzas superiores de músicaDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe PermanenteColectivo:
Alumnado CentrosDesignación do tribunal que elaborará, supervisará e avaliará a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores e para o acceso ás ensinanzas deportivas de grao superior para o curso
Xúntase a Designación do 10 de maio de 2024 do tribunal que elaborará, supervisará e avaliará a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores e para o acceso ás ensinanzas deportivas de grao superior para o curso 2024/25.
Anuncio principal:
Resolución do 16 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan probas e se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas artísticas superiores da Comunidade Autónoma de Galicia curso 2024/25Tema:
EscolarizaciónEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas de conservación e restauración de bens culturais Ensinanzas deportivas Ensinanzas de arte dramática Ensinanzas superiores de deseño Ensinanzas superiores de músicaDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe PermanenteColectivo:
Alumnado CentrosDesignación do tribunal que elaborará, supervisará e avaliará a proba que substitúe o requisito de titulación de educación secundaria obrigatoria para o acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024/25
Xúntase a Designación do 10 de maio de 2024 do tribunal que elaborará, supervisará e avaliará a proba que substitúe o requisito de titulación de educación secundaria obrigatoria para o acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024/25.
Anuncio principal:
Convocadas as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024/25Tema:
EscolarizaciónEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas deportivasDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe PermanenteColectivo:
AlumnadoRomán Rodríguez avanza que a Xunta comeza a deseñar un novo plan de I+D+i que supoña un salto cualitativo e cuantitativo para Galicia
Summary:
O conselleiro de Educación reúnese con representantes dos centros tecnolóxicos, aos que transmite o obxectivo de acadar unha Galicia máis competitiva
Destaca a importancia de fomentar a colaboración público-privada coas universidades e os seus centros de investigación
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, avanzou hoxe que a Xunta vai comezar a deseñar un novo Plan de I+D+i que vai supoñer un salto cualitativo e cuantitativo, “co obxectivo de posibilitar a sinerxía entre o coñecemento, a innovación e a ciencia e así dar resposta aos requerimentos dos sectores produtivos para acadar unha Galicia máis competitiva”.
Fíxoo na súa primeira reunión de traballo con representantes destas entidades privadas que desenvolven o seu labor co apoio público a través Axencia Galega de Innovación (GAIN), logo do cambio de competencias, centralizadas agora en Educación. O obxectivo do encontro “é sentar as bases dunha colaboración fluída e máxima e así mellorar o moito e bo que ten feito Galicia en materia de investigación e innovación durante os últimos anos”, explicou.
Román Rodríguez recalcou o compromiso do Goberno galego con potenciar a ciencia e a transferencia de coñecemento dos centros tecnolóxicos aos sectores produtivos e á sociedade. Agradeceu, ademais a aposta pola innovación destas entidades “que aportan un gran valor e coñecemento a sectores básicos para a economía, como poden ser o naval ou a alimentación, entre outros”, destacou.
Interlocución para aunar estratexiasNeste sentido, o conselleiro manifestou o seu compromiso con ter en conta todo o coñecemento destes centros para deseñar políticas públicas de apoio que respondan ás súas necesidades, “sumando estratexias en prol da competitividade das industrias e dos sectores produtivos e, como consecuencia, para xerar desenvolvemento no conxunto de Galicia“.
Román Rodríguez fixo fincapé na necesidade de seguir mellorando o posicionamento destes centros, o seu rendemento e a captación de fondos estatais e europeos, da man das empresas e fomentando a colaboración público-privada coas universidades e os seus centros de investigación.
A Consellería realizará unha rolda de visitas a estes centros para coñecer o seu labor e potencialidades, de cara a un maior aproveitamento das mesmas dentro do ecosistema de I+D+i galego.
Ademais de Román Rodríguez, participaron na reunión o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez e a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo. Por parte dos centros tecnolóxicos asistiron a directora de Operacións e Organización de Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas, Pescados e Mariscos (ANFACO-CECOPESCA), Miriam Costas; o director xerente da Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste (AIMEN), Jesús Lago; o director do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), Luis Moreno; o director xeral da Fundación Centro Tecnolóxico de Telecomunicación de Galicia (GRADIANT), Luis Pérez; o director da Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), Carlos Calvo Orosa; o director xeral do Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sustentabilidade Enerxética (ENERGYLAB), Fernando Val; o director xeral do Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial (CETIM), Toni Pons; o presidente do Clúster de Acuicultura de Galicia (CETGA), Santiago Cabaleiro, e a directora do Centro Galego de Investigacións da Auga (CETAQUA), Teresa Alvariño.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalRomán Rodríguez recibe unha delegación do Goberno cántabro que visita Galicia para coñecer as claves da calidade e equidade do sistema educativo
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, reuniuse no Centro de Innovación Educativa e Dixital cunha delegación da Consellería de Educación, Formación Profesional e Universidades do Goberno de Cantabria que visita estes días Galicia para coñecer o noso sistema educativo, especialmente no que atinxe á calidade e á equidade educativa. Non en balde, visitaron varios centros rurais da provincia de Pontevedra e manterán reunións técnicas cos responsables da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.
O titular do departamento educativo da Xunta deulles a benvida e puxo á súa disposición toda a información relativa á xestión de centros, con especial fincapé no ensino rural, no que Galicia é un referente e un distrito educativo único, pois o alumnado ten as mesmas oportunidades independentemente do tipo do centro no que estude e onde estea situado. Por parte da delegación cántabra visitan Galicia a directora xeral de Centros e Infraestruturas Educativas, Reyes Mantilla; o director xeral de Calidade e Equidade Educativa e Ordenación Académica, José Luis Blanco, así como Eduardo Obrado e Araceli Ramirez, membros da Unidade Técnica de Calidade Educativa.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalA Xunta aposta por xerar sinerxías entre Administración, empresas e centros tecnolóxicos para aproveitar o potencial da Intelixencia artificial
Summary:
Román Rodríguez avoga por priorizar unha I+D+i que xurda da colaboración público-privada
No encontro presentouse un proxecto pioneiro a nivel mundial para facilitar o uso da IA na industria europea
Idioma GallegoA Xunta de Galicia vai apostar polo impulso e o aproveitamento de sinerxías entre a Administración, o tecido empresarial e os centros tecnolóxicos para impulsar as potencialidades da Intelixencia Artificial e a súa aplicación práctica no día a día. Así se comprometeu o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, con motivo da clausura da xornada A Intelixencia Artificial para unha industria competitiva, organizada polo centro tecnolóxico AIMEN.
Na súa intervención, o titular de Ciencia do Goberno galego avogou por priorizar unha “I+D+i que naza da colaboración público-privada, e coa que poder ampliar as oportunidades de crecemento, de retención do talento e de transferencia do coñecemento á realidade empresarial”. O obxectivo principal é xerar negocio aproveitando os recursos que brinda a Intelixencia Artificial, para o que é “imprescindible integrar a transferencia dese coñecemento nas dinámicas empresariais para garantir a sustentabilidade económica, produtiva e globalizadora e, así, asegurar un capital humano altamente cualificado”, remarcou o representante da Xunta.
Colaboración con institucións de oito paísesO encontro de hoxe, no que o conselleiro estivo acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, serviu tamén de marco de presentación do proxecto AI-MATTERS, proxecto pioneiro a nivel mundial para facilitar o uso da Intelixencia Artificial na industria europea, no cal participa AIMEN xunto con outras institucións europeas de oito países diferentes. En concreto, este centro tecnolóxico promoverá a aplicación da IA para procesos industriais no que é punteiro, como a fabricación aditiva, os procesos de fabricación baseados en tecnoloxía láser ou a fabricación de estruturas multimateria.
Román Rodríguez fixo fincapé neste proxecto, o que “permitirá afianzar os vínculos que existen entre os centros de coñecemento e o tecido empresarial, facéndoo como garantía de calidade en todos os puntos da cadea produtiva”. Isto posibilitará un maior “acceso a proxectos de investigación e desenvolvemento tecnolóxico no eido da I+D+i, dando prioridade á tecnoloxía diferencial para mellorar a produción e singularizar o selo propio da nosa industria”, engadiu.
Non en balde, AIMEN Centro Tecnolóxico, cunha traxectoria de máis de 56 anos ao servizo da innovación e a industria, é un referente nacional en I+D+i e na prestación de servizos tecnolóxicos no eido dos materiais, os procesos de fabricación avanzada, a dixitalización e a sostibilidade.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalListaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas na proba para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos correspondentes a convocatoria de xuño de 2024
Anuncio principal:
Convocatoria das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de abril e xuño de 2024Tema:
EscolarizaciónEnsinanza:
Educación secundaria obrigatoria Educación de persoas adultasDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente Educación de persoas adultasColectivo:
Alumnado CentrosRomán Rodríguez enxalza o “papel fundamental” das bibliotecas escolares na formación académica e persoal do alumnado
Summary:
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP entrega o Premio Clubs de Lectura 2024 a autora Arantza Portabales na XVI edición das súas xornadas anuais
Galicia é unha das mellores comunidades autónomas en competencia lectora segundo o último informe PISA, con 485 puntos, 11 e 9 máis que España e a OCDE
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, entregou hoxe o premio Clubs de Lectura 2024 á escritora Arantza Portabales, que acada este galardón por ser a autora galega máis lida nas bibliotecas escolares durante o curso. “Soubo xuntar nas súas obras calidade, talento e singularidade, algo que conquistou aos mozos lectores”, afirmou o conselleiro, que estivo acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández.
A entrega deste premio enmárcase na XVI Xornada de Clubs de Lectura, que congregou a máis de 400 coordinadores destes espazos educativos co obxectivo de compartir experiencias e afondar en novas accións sobre o libro e a lectura. “As bibliotecas escolares e os Clubs de Lectura son lugares de coñecemento, de innovación e de creatividade, algo que redunda nunha boa formación académica e persoal do alumnado”, destacou Román Rodríguez sobre o “papel fundamental” que xogan estes espazos.
De feito Galicia é unha das mellores comunidades autónomas en competencia lectora segundo o último informe PISA, con 485 puntos, 11 e 9 máis que a media de España e da OCDE. As bibliotecas escolares galegas destacan pola calidade dos espazos de aprendizaxe, polas as actividades relacionadas co tratamento da información e competencias dixitais ou pola formación en diversidade e igualdade.
Os recursos educativos“Os Clubs de Lectura son unha proposta fundamental para o desenvolvemento persoal e colectivo da mocidade galega”, dixo o representante da Xunta de Galicia sobre este programa no que participan uns 450 centros. A través desta iniciativa, búscase fomentar hábitos de lectura entre os participantes e contribuír á creación dun ambiente proclive á experiencia lectora entre os distintos sectores da comunidade educativa.
Este programa, xunto co Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE), Biblioteca Creativa, Radio na Biblio, Lectura e familias, Bibliotecas Escolares Solidarias e outras accións, enmárcase no Plan LÍA (Lectura, Información, Aprendizaxe), a folla de ruta da Consellería de Educación neste campo. Este curso destináronse máis de 2,3M€ ás diferentes accións en materia de bibliotecas escolares incluídas no Plan, co fin de fomentar as competencias lectoras do alumnado.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalUnha delegación do goberno de Cantabria visita o Colexio Rural agrupado de Vilaboa e o CEIP A Lama para coñecer os seus programas educativos
O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, visitou hoxe o Colexio Rural agrupado de Vilaboa Consuelo González e o Colexio CEIP A Lama cunha delegación da Consellería de Educación, Formación Profesional e Universidades do Goberno de Cantabria, que viaxa estes días por Galicia para coñecer o noso sistema educativo, especialmente no que atinxe á calidade e á equidade educativa. Forman parte da delegación a directora xeral de Centros e Infraestruturas Educativas, Reyes Mantilla; o director xeral de Calidade e Equidade Educativa e Ordenación Académica, José Luis Blanco, así como Eduardo Obrado e Araceli Ramirez, membros da Unidade Técnica de Calidade Educativa.
Ao longo da mañá os representantes do Goberno de Cantabria coñeceron o funcionamento de dúas das escolas do Colexio Rural Agrupado, a de Bértola e a de Figueirido, así como a sede central da mesma e o CEIP A Lama. Ademais, afondaron nos diferentes programas educativos implantados nos centros, como os Polos Creativos, o plurilingüismo, os contratos-programa, o Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares ou Radio na Biblio, entre outros.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalCorrección de erros pola que se modifica a listaxe definitiva de admitidos dos procedementos selectivos de acceso e ingreso aos corpos docentes non universitarios (ED001A)
Anuncio principal:
Publicación da Orde do 31 de xaneiro de 2024 pola que se convocan procedementos selectivos de corpos de persoal docente non universitario (ED001A)Servizo relacionado:
OposiciónsTema:
Programas e plans OposiciónsEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especialDepartamento:
Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoProbas libres para a obtención de títulos FP (LOE e LOXSE). Listaxe de 1ª adxudicación. Curso 2023-2024
Publicada a listaxe da 1ª adxudicación ordinaria das probas libres para a obtención de títulos de FP.
Tema:
EscolarizaciónEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Xestión da Formación ProfesionalColectivo:
Alumnado- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »