Iniciar sesión |
ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOSEnviado por Secretaría o Mar, 01/03/2022 - 10:15
Admisión de alumnado para o curso 2022/2023 a) Aplicación oficial en liña, normativa reguladora e manuais de axuda.
b) Postos escolares ofertados: O CEIP Plurilingüe Montemogos e o CEIP Plurilingüe Torre – Cela están adscritos ao noso Instituto de Ensino Secundario. Todas as súas reservas de praza foron admitidas e xa están asignadas para o vindeiro curso. As prazas vacantes para a admisión de alumnado son as detalladas a continuación:
c) Prazo de presentación de solicitudes: do 1 de marzo ao 21 de marzo de 2022 Documentación para a presentación - Solicitude segundo o Anexo II. - Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a. - Certificado oficial do expediente académico. - Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso. d) Información complementaria: - Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. A infracción desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle. - O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe. - O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
( categories: )
|
|