Admisión de alumnado para o curso 2022/2023
a) Aplicación oficial en liña, normativa reguladora e manuais de axuda.
[1]
b) Postos escolares ofertados:
O CEIP Plurilingüe Montemogos e o CEIP Plurilingüe Torre – Cela están adscritos ao noso Instituto de Ensino Secundario.
Todas as súas reservas de praza foron admitidas e xa están asignadas para o vindeiro curso.
As prazas vacantes para a admisión de alumnado son as detalladas a continuación:
Curso |
Grupos |
Prazas |
Vacantes |
1º ESO |
2 |
54 + 6 NEAE |
28 |
2º ESO |
2 |
60 |
18 |
3º ESO |
2 |
60 |
14 |
4º ESO |
2 |
60 |
13 |
c) Prazo de presentación de solicitudes: do 1 de marzo ao 21 de marzo de 2022
Documentación para a presentación
- Solicitude segundo o Anexo II.
- Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a.
- Certificado oficial do expediente académico.
- Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.
d) Información complementaria:
- Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. A infracción desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
- O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ED550B - Anexo II.pdf [2] | 1.28 MB |
ED550B - Anexo II bis.pdf [3] | 668.87 KB |
Calendario de admisión ESO e Bacharelato.pdf [4] | 94.66 KB |
Baremo admisión 2022-2023.pdf [5] | 89.85 KB |