Skip to Content

Plan proxecta, Por 365 días de respecto e igualdade, Donas de si, Clases sen fume, Proxecto Xermolón, Correspondentes xuvenís, Proxectos de vida activa e deportiva

Plan proxecta

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores.

Trátase dun plan que busca un avance nas dinámicas de mellora da calidade educativa e favorecer a innovación nos propios centros a través de programas externos que leven á motivación e ao traballo activo, cooperativo e en rede, do alumnado e do profesorado implicado. Para iso, un dos principais obxectivos deste plan é promover a realización de proxectos interdisciplinarios que poidan servir de modelo de traballo ou de boa práctica, tanto para o propio centro en que se orixinan como para o resto da comunidade educativa galega.

Máis información sobre o plan proxecta na seguinte ligazón:

http://www.edu.xunta.gal/portal/planproxecta

Plan proxecta: Por 365 días de respecto e igualdade

Para finalizar, por este curso escolar, co traballo realizado dentro do Plan Proxecta Por 365 días de respecto e igualdade e a modo de reflexión deixámosvos o BOOKTUBER que realizou a alumna de 3º ESO, Samara Martínez Cordido, despois de ler o libro O inferno de Marta de Pasqual Alapont e durante os difíciles días de confinamento a causa da pandemia que estamos a vivir.

Grazas, Samara!!

Plan proxecta: peza teatral "Golpes"

Nesta ocasión o Salón de Actos do Concello de Xove foi o esceanario sobre o que a actriz galega Estíbaliz Veiga representou a peza de teatro GOLPES para todo o alumnado do noso IES. Esta actividade encádrase dentro do Plan Proxecta 2019-2020: Por 365 días de respecto e igualdade, subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

Estíbaliz Veiga, baixo a dirección de Xosé Leis e da produtora aANTENA,  somérxese no papel de Pamela, unha moza que recibiu moitos “golpes”, na súa relación de parella, pero a “labazada” máis forte foi verse a si mesma mudada noutra persoa, por iso quere compartir as súas experiencias vitais, para que ningunha outra muller pase por unha situación semellante.

Con esta representación teatral o que se pretende é visibilizar diferentes situacións de desigualdade que se dan a diario e concienciar a toda a sociedade, mais dun xeito especial á mocidade, na prevención da violencia de xénero.

Deixámosvos algunhas fotografías de distintos momentos da extraordinaria representación.

 

Plan proxecta: Día Internacional da Muller

Aproveitando que o día 8 de marzo se conmemora o Día Internacional da Muller, organizamos dúas actividades o día 09 de marzo dentro do Plan Proxecta 2019-2020: Por 365 días de respecto e igualdade e subvencionadas pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

A primeira delas foi unha charla sobre o tratamento da violencia de xénero na publicidade e nos medios audiovisuais e a segunda, a representación teatral Golpes.

No que respecta á charla, impartida por Ánxeles Gómez, sobre o tratamento da violencia de xénero na publicidade e nos medios audiovisuais, o alumnado de 2º e 3º ESO tivo ocasión de analizar polo miúdo diferentes anuncios publicitarios para miralos e observalos dende unha óptica violeta, discriminando aqueles que dunha maneira ou doutra cousifican o corpo das mulleres e, polo tanto, se lles dá un tratamento violento. Por suposto, tamén se analizaron outros slogans e propaganda non machista para detectar as diferenzas entre uns e outros.

Deixámosvos algunhas fotografías de distintos momentos da charla.

 

Plan proxecta: Por 365 días de respecto e igualdade

Dentro do Plan Proxecta Por 365 días de respecto e igualdade con motivo do 8 de marzo, o alumnado de 3º ESO xunto co equipo da Biblioteca, Bibliosarón, estivo traballando para decorar a porta da súa aula baseándose na canción La puerta violeta de Rozalén, ademais analizamos a letra da canción. Mentres o alumnado de reforzo decoraba unhas cartolinas co leva “NIN + NIN -, =” coas que decoraron o chan da entrada do instituto xunto ao Espazo Lila, reservado para a colocación de libros de lecturas coeducativas con dúas cadeiras para ler nos recreos.

Deixámosvos o extraordinario resultado do seu traballo xunto coa letra da canción.

 

Letra da canción La puerta violeta

Una niña triste en el espejo me mira prudente y no quiere hablar
Hay un monstruo gris en la cocina
Que lo rompe todo
Que no para de gritar

Tengo una mano en el cuello
Que con sutileza me impide respirar
Una venda me tapa los ojos
Puedo oler el miedo y se acerca

Tengo un nudo en las cuerdas que ensucia mi voz al cantar
Tengo una culpa que me aprieta
Se posa en mis hombros y me cuesta andar

Pero dibujé una puerta violeta en la pared
Y al entrar me liberé
Como se despliega la vela de un barco
Desperté en un prado verde muy lejos de aquí
Corrí, grité, reí
Sé lo que no quiero
Ahora estoy a salvo

Una flor que se marchita
Un árbol que no crece porque no es su lugar
Un castigo que se me impone
Un verso que me tacha y me anula
Tengo todo el cuerpo encadenado
Las manos agrietadas
Mil arrugas en la piel
Las fantasmas hablan en la nuca
Se reabre la herida y me sangra

Hay un jilguero en mi garganta que vuela con fuerza
Tengo la necesidad de girar la llave y no mirar atrás

Así que dibujé una puerta violeta en la pared
Y al entrar me liberé
Como se despliega la vela de un barco
Desperté en un prado verde muy lejos de aquí
Corrí, grité, reí
Sé lo que no quiero
Ahora estoy a salvo

Así que dibujé una puerta violeta en la pared
Y al entrar me liberé
Como se despliega la vela de un barco
Amanecí en un prado verde muy lejos de aquí
Corrí, grité, reí
Sé lo que no quiero
Ahora estoy a salvo

Fuente: LyricFind
Autores de la canción: María de los Ángeles Rozalén Ortuño
Letra de La Puerta Violeta © Universal Music Publishing Group

Plan proxecta: Por 365 días de respecto e igualdade

Seguimos traballando coa Exposición Cartas de Amor da Secretaría Xeral de Igualdade, dentro do Plan Proxecta 2019-2020, Por 365 días de respecto e igualdade.

Despois de visitar a exposición en varias ocasións, o alumnado foi sacando conclusións do que sería o maltrato e o bo trato. Plasmámolas nunhas nubes de palabras para que fose máis visible.

Deixámosvos fotografías.

BO TRATO

MALTRATO

Plan proxecta: Por 365 días de respecto e igualdade

Dentro do Plan Proxecta 2019-2020, Por 365 días de respecto e igualdade seguimos traballando para deter e erradicar calquera trazo de violencia fundamentalmente nas relacións de parella entre os adolescentes que en moitos casos non son vistos como tales. Por iso despois de visitarmos a exposición Cartas de Amor, estivemos traballando co alumnado da ESO realizando determinadas tarefas a partir dos extraordinarios cadros que compoñen a exposición.

Ademais o alumnado de reforzo expúxolle ao resto de compañeiras/-os que lle transmitían eses cadros.

A experiencia foi moi enriquecedora porque apareceron reflexións moi interesantes entre os/as adolescentes.

Achegámosvos fotos da explicación dos paneis por parte do alumnado de reforzo.

Plan proxecta: Por 365 días de respecto e igualdade

Como xa publicamos anteriormente tivemos a sorte de contar no noso centro educativo dende o 7 ao 26 de febreiro coa Exposición Cartas de Amor da Secretaría Xeral de Igualdade, dentro do Plan Proxecta 2019-2020, Por 365 días de respecto e igualdade.

Todo o alumnado do IES Illa de Sarón durante estes 15 días pasou pola exposición e realizou diferentes actividades a partir dos 15 paneis que o levou a reflexionar sobre esta temática.

Achegámosvos fotografías da visita á exposición do alumnado.

Todo o alumnado do IES Illa de Sarón durante estes 15 días pasará pola exposición e realizará diferentes actividades que o levará a reflexionar sobre esta temática.

Achegámosvos fotos da visita á exposición do alumnado:

 

Charla informativa sobre agresións e violencia sexual

Onte luns, día 17 de febreiro, o alumnado de 3º e 4º da ESO asistiu a unha charla informativa sobre Agresións e violencia sexual impartida por Angélica Mercado e promovida pola Secretaría Xeral de Igualdade dentro do Plan Proxecta 2019-2020: Por 365 días de respecto e igualdade.

Angélica Mercado, especialista universitaria en estudos de xénero e políticas de igualdade falounos polo miúdo sobre como identificar actuacións que poden ser consideradas como situacións de agresión e violencia sexual e, ao mesmo tempo, ensinounos estratexias que nos poden axudar a detectar todas estas situacións que van en contra da nosa integridade afectiva-sexual. Alén disto tamén nos deu algunhas claves para aprender a dicir NON e a aceptar ese NON, facendo especial fincapé en que o consentimento ha de ser libre, afirmativo, específico, consensuado e reversible.

Deixámosvos algunhas fotografías de distintos momentos da charla.

Plan proxecta: Por 365 días de respecto e igualdade

No día de onte, 12 de febreiro, e en véspera do Día dos Namorados, quixemos traballar os diferentes mitos do amor romántico que están moi interiorizados entre a rapazada. Para iso o alumnado de 3º e 4º ESO asistiu a unha charla sobre os mitos do amor romántico impartida por María José Masanet onde foi debullando, dun xeito lúdico e interactivo coas mozas e os mozos, cada un dos mitos: o comportamento do home e da muller ante o amor, a media laranxa, o emparellamento, os celos, o amor eterno, o amor pode con todo, etc. Ademais fixo, tamén, un repaso dos estereotipos nas series televisivas para os adolescentes.

Foi unha charla moi interesante e necesaria para facer reflexionar o noso alumnado.

Deixámosvos algunha fotografía do acto.

Distribuir contido


by Dr. Radut