Skip to Content

Plan proxecta: Por 365 días de respecto e igualdade

No día de onte, 12 de febreiro, e en véspera do Día dos Namorados, quixemos traballar os diferentes mitos do amor romántico que están moi interiorizados entre a rapazada. Para iso o alumnado de 3º e 4º ESO asistiu a unha charla sobre os mitos do amor romántico impartida por María José Masanet onde foi debullando, dun xeito lúdico e interactivo coas mozas e os mozos, cada un dos mitos: o comportamento do home e da muller ante o amor, a media laranxa, o emparellamento, os celos, o amor eterno, o amor pode con todo, etc. Ademais fixo, tamén, un repaso dos estereotipos nas series televisivas para os adolescentes.

Foi unha charla moi interesante e necesaria para facer reflexionar o noso alumnado.

Deixámosvos algunha fotografía do acto.



page | by Dr. Radut