Skip to Content

Plan proxecta, Por 365 días de respecto e igualdade, Donas de si, Clases sen fume, Proxecto Xermolón, Correspondentes xuvenís, Proxectos de vida activa e deportiva

Plan Proxecta: Donas de si

As rapazas e rapaces de 2º ESOestiveron traballando na exposición Mulleres pola Paz,durante as clases de titoría no mes de xaneiro, para celebrar o Día da Non Violencia e da Paz.

Aquí tedes algunhas fotiños dos seus traballos.

Plan Proxecta: Donas de si

O alumnado de 3º PDC preparou unha exposición moi especial para celebrar o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.

Pásadevos a visitala!!!

Plan Proxecta: Donas de si

Para celebrar o Día internacional da Muller e da Nena na Ciencia, o Equipo de Dinamización Lingüística da Lingua Galega organizou varias actividades para o venres 10 e luns 13.

Aquí vos deixamos o cartel.

Plan Proxecta: Donas de si

Dende a secretaria xeral da Igualdade, remitíronnos por servizo de mensaxería diverso material para o desenvolvemento do programa Donas de Sí. Con estes novos volumes ampliamos o Espazo Lila situado, de forma permanente,na entrada principal do noso instituto. Este material está á disposición de toda a comunidade educativa, incluídas as familias do noso alumnado.

Anímate a visitala!!!

Correspondentes Xuvenís

Plan Proxecta: Donas de sí

O alumnado de 3ºESO estivo a investigar os logros de varias científicas importantes na clase de titoría.

Elaboraron un cartel coa información máis relevante e realizaron unha exposición que chamaron "Mulleres científicas que deberías coñecer".

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do traballo realizado:

Donas de sí

Esta semana a prensa faise eco desta noticia producida na noso concello.

Recordamos as primeiras mulleres traballadoras na única baleeira de Morás. Elas tamén foron Donas de Sí.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/xove/2023/01/08/doce-mujeres-hicieron-historia-unicas-ballenera-moras/0003_202301X8C3991.htm

Donas de si. Felices festas

A responsable de Igualdade do noso centro preparou un Belén moi especial no que son as Raiñas Magas as que levan os regalos aos nenos e nenas dunha pequena vila.

Felices festas!!!

Plan Proxecta: Donas de si

Este curso decidimos renomear os corredores e as aulas do noso centro con nomes de científicas coñecidas.

Empezamos a nosa actividade investigando a vida e os éxitos científicos dalgunhas científicas galegas contemporáneas.

Aquí vos deixamos algúns dos traballos realizados.

Presentación do Equipo de Correspondentes Xuvenís

Distribuir contido


by Dr. Radut