Skip to Content

Proxecto Xermolón

Plan Proxecta: Proxecto Xermolón

Como xa todos sabedes, dentro do Plan Proxecta organizado pola Xunta de Galicia, este ano, todo o alumnado da ESO e o profesorado, embarcámonos no Proxecto Xermolón. Este proxecto pretende crear hábitos saudables de alimentación entre a nosa comunidade educativa.

Hoxe tivemos a axuda de Susana, que nos deu unha charla sobre Alimentación saudable. Descubrimos moitas cousiñas interesantes que seguro poñeremos en práctica a partir de hoxe.

Aliméntate ben!!!!

Plan proxecta: Proxecto Xermolón

Este curso, o alumnado da ESO participa no proxecto Xermolón dentro dos plans Proxecta. Este proxecto permitirá desarrollar habilidades prácticas para a vida diaria do alumnado relacionadas cunha alimentación saudable, a interpretación da información da etiqueta nutricional no momento da compra dos alimentos,  análise da oferta alimenticia do entorno do centro educativo, reflexión sobre o que a publicidade inflúe na elección da alimentación e elaboración de propostas de mellora respecto a oferta alimentaria no entorno do alumnado.

Durante o mes de febreiro, o alumnado de 2ºESO estivo a traballar na elaboración dun menú saudable e variado para o almorzo e estes son alguns dos resultados.

Almorzos ricos, ricos!!!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut