Skip to Content

Clases sen fume

Clases sen fume

Para rematar o proxecto de Clases sen fume que realizou o alumnado de 2º ESO durante este curso 2021/22, tiveron o mellor dos broches finais. O martes 7 de xuño foron a Santiago a recibir un premio polo seu traballo da man do conselleiro de sanidade.

Un día no acuapark de Cerceda!!!!!

Noraboa a tod@s!!!!

Plan Proxecta: Clases sen fume

O alumnado de 2ºESO xa ten lista a actividade creativa que presentarán a concurso.

Esperamos que vos guste!!!!!

 

Plan proxecta: Clases sen fume

Durante o primeiro cuatrimestre do curso, o alumnado de 2ºESO estivo a elaborar uns carteis cun eslogan moi claro: Non fumes!!!

Fixemos varios grupos na aula, e cada grupo elaborou o seu cartel. Fai uns día fixemos unha votación para elixir o cartel que enviaremos a o concurso Clases sen fume que organiza a Xunta de Galicia.

Aquí cos deixamos os carteis da rapazada e o cartel gañador.

Bo traballo!!!!

Plan proxecta: Clases sen fume

Durante este curso, o alumnado de 2ºESO participarán no programa "Clases se fume" organizado pola Consellería de Educación.

É un concurso educativo para a prevención do tabaquismo, dirixido a escolares de primeiro ciclo de ESO, é dicir de 12 a 14 anos, idade na que se dan os primeiros contactos co tabaco, tendo ás comunidades educativas como instrumento indispensable para a execución do proxecto.

Baséase no compromiso individual e colectivo (de toda a aula) de non fumar durante alomenos 6 meses, reforza o carácter voluntario da decisión de non fumar, facilita a presión de grupo positiva xerada pola complicidade dun grupo de adolescentes e un adulto (titor/a), e reforza a confianza nun mesmo e nos demais, ao tempo que utiliza a recompensa - premio como incentivo.

Este programa forma parte do "Plan Proxecta" da Consellería de Educación.

Distribuir contido


by Dr. Radut