Xa temos a primeira emisión deste curso dun programa de Radio Esquío. Podedes escoitalo directamente clicando na frecha ou no seguinte enlace.
Cada persoa ten unha experiencia única coa radio, un medio de comunicación que chega ao século XXI con novas posibilidades e con máis forza, se cabe, que noutras épocas.
David Rubín, un dos mellores debuxantes de comic da actualidade e ourensán, veu visitarnos a semana pasada. Quedamos asombrados coa súa técnica, coa súa obra, e sobre todo coa súa simpatía.
O venres de entroido tivo de todo. Moita xente disfrazada, música, baile e, sobre todo, gañas de pasalo ben. So se botou en falta algún profe máis disfrazado. Outro ano. Déixovos unhas fotos para que uns vexades e outros lembredes como foi.