A pasada semana, o alumnado de 4º da ESO e Bacharelato asistiu, na Casa das Palmeiras do Concello de Neda, á exposición fotográfica titulada A fuxida do Bou Ramón, á que tamén asistiu unha representación do Concello.
O día 13 de xuño, o alumnado de 1º de ESO realizou unha saída co Departamento de Xeografía e Historia pola Costa da Morte, onde puideron visitar o Dolmen de Dombate e o Castro de Barreiras.