Skip to Content

Animación á lectura

Recomendacións de lecturas para o Nadal

 
Se queredes lelo cos enlaces premede aquí.

Concurso marcapáxinas Letras Galegas 2023

Visita de autores: Francisco Narla

Ler sobre a visita no blog do club de lectura.

Visita de autores: Eva Mejuto

Hoxe 27 de marzo Eva Mejuto acompañounos para presentar a súa última obra A ladroa da biblioteca de Meiras e falarnos da memoria histórica que tamén retratou en Memoria do silencio e A lavandeira de San Simón sembre desde a perspectiva da rapazada e as mulleres que lles tocou vivir eses tempos.

Ana Alonso na nosa biblioteca

 

Ana Alonso visitounos onte 10 de marzo para falar da súa obra e presentarnos "20 días de abril", unha novela onde un grupo de rapaces sobreviven ao confinamento nunha residencia estudiantil na Universidade de Sterling, Escocia; falan de curiosidades e vivencias dos seus países de orixe, destacando as diferencias pero tamén as similitudes.

Andrea Maceiras e "Que me pare o corazón se te esquezo"

Onte tivemos o pracer de contar con Andrea Maceiras quen veu falarnos da súa última novela "Que me pare o corazón se te esquezo" así como doutras que tamén leramos no club como "O que sei do silencio" e así fixemos lecturas compartidas.

Roteiro "O último barco" de Domingo Villar

 
Para rematar o curso, o grupo do club de lectura de adultos achegámonos a Moaña e Vigo para darlle unha homenaxe a Domingo Villar recentemente falecido.
Grazas á Asociación A illa dos ratos percorrimos as localizacións en Moaña, e Óscar, o noso guía, nos fixo lembrar moitos dos momentos relevantes na novela, grazas ao seu entusiasmo volvemos a ver a vila desde os ollos de Leo, incluso os de Estevez esperando os ladridos dalgún can no contorno.
Distribuir contido


by Dr. Radut