Todas as reservas realizadas por parte de alumnado de centros adscritos foron admitidas polo que quedan prazas libres para alumnado de centros NON adscritos que desexen incorporarse ao IES Fernando Esquío no curso 24/25.
O alumnado de 1ºESO acudirá o venres 24N á Marcha polo bó trato organizada, como cada ano, polo Concello de Neda para os centros educativos. Podedes descargar aquí a autorización para a saída.
"Así mesmo, prohíbese o uso de teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos como mecanismo de comunicación durante os períodos lectivos. Excepcionalmente, os centros poderán establecer normas para a correcta utilización como ferramenta pedagóxica."
Estimadas familias, o martes 31 de outubro haberá clase ordinaria excepto nas dúas últimas horas nas que teremos un magosto. Haberá castañas, música en galego, un túnel do terror e desfile de zombies, Santa Compaña e algunha sorpresa máis... O alumnado pode vir disfrazado pero sempre lembrando que a festa non empeza ate as 12h12.