Skip to Content

Novas

Folga do transporte escolar

A empresa adxudicataria do transporte escolar acaba de comunicar ao centro educativo que mañá día 31 de marzo non prestará servizo, polo que o alumnado deberá trasladarse ao IES pola súa conta.

Concurso Cartel Publicitario #EuSonPilabot

O noso centro participa este curso na campaña de recollida de pilas Pilabot e queremos animar a todo o alumnado a participar no Concurso Individual de Cartel Publicitario #EuSonPilabot, co que poderán gañar unha tableta! O prazo de inscrición remata o 14 de abril de 2023.

Toda a información está en www.pilabot.gal/eusonpilabot 

Admisión de alumnado

Aberto o prazo de solicitude de admisión para todo o alumnado de centro non adscrito e de centro adscrito que non fixera reserva.

Prazo de solicitude do 1 de marzo ao 20 de marzo do 2023.

Horario: 9:00 - 14:00 horas

Finalizada a participación do noso centro no Programa escolar de consumo de froitas, hortalizas e leite

Finaliza a participación do noso IES, un ano máis, no Programa escolar de consumo de froitas, hortalizas e leite. 

O noso centro está adherido a esta campaña, financiada con fondos galegos, españois e europeos, que fomenta o consumo de froitas e lácteos entre o alumnado.

Durante varias semanas, este tivo acceso a diario, no tempo de lecer, a estes produtos.

 

 

Instrucións para a realización da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU)

Publicadas as instrucións para a realización, dentro do curso 2022/23, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2023/24

Horarios de exames de materias pendentes da 2ª avaliación

No seguinte documento aparecen as datas e horarios das probas de materias pendentes que se realizarán fóra do horario lectivo.

Comezo do período de inscrición ás probas de acceso a ciclos formativos de grao superior

O período de inscrición ás probas de acceso a ciclos formativos de grao superior remata o 3 de febreiro de 2023.

Máis información

Aclaracións da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa relativas á organización do final do curso 2022/2023

Estas aclaracións publicadas no día de hoxe deben ser aplicadas nas etapas da ESO e de Bacharelato.

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2023/2024

O prazo de solicitude abranguerá do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro do 2023, ambos incluídos.

Máis información

Alerta dun fenómeno metereolóxico adverso de nivel laranxa por vento e acumulación por neve

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por acumulacións de neve por riba dos 20 cm, que comezará o martes día 17.01.2023 ás 06.00 horas e prolongarase ata as primeiras horas do mércores 18.01.2023. Este adverso afectará á zonas da montaña de Lugo e Ourense.Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

Distribuir contido


by Dr. Radut