Skip to Content

Inglés

11ª Convocatoria Becas Eurolingua 2024: Inglés en Irlanda

Eurolingua Venairlanda® lanza a súa 11ª convocatoria de Bolsas Eurolingua para a realización de Cursos de Inglés en Irlanda de dúas semanas de duración durante o verán nun programa de inmersión todo incluído. Constan dun lote global de 20 bolsas dirixidas a estudantes universitarios, de secundaria, bacharelato ou formación profesional cunha dotación orzamentaria achegada por Eurolingua Venairlanda na súa totalidade.

Probas de Certificación en Linguas Estranxeiras

Nova convocatoria para as probas de certificación lingüística 2023/24, Orde do 29 de setembro.

Departamento de L Inglesa: Programacións 2023/24

En vindeiras datas incluiremos as programacións dos cursos pares seguindo a LOMLOE.

Viaxe a Londres 2023

 Este é un resumo dos momentos máis representativos da viaxe, ademais dos vídeos que mostran a nosa estancia na capital británica, o enlace coa galería de fotos a atoparedes na aula virtual:

Mércores 19 Madame Tussauds’

Xoves 20 Tour guiado pola cidade

Bolsas para estadías de inmersión lingüística en inglés

Convócanse en réxime de concorrencia competitiva un máximo de 2.400 bolsas para a participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España en réxime de internado e pensión completa, dunha semana de duración, no mes de xullo de 2023. O prazo remata o día 3 de abril, para máis información premede na ligazón.

Programación Didáctica Departamento Inglés 2022/23

Nos adxuntos atoparedes a Programación Didáctica xeral deste curso e os anexos correspondentes aos niveis modificados pola LOMLOE.

A Xunta abre o prazo para participar no novo programa "DigitalWeek" para mellorar competencias dixitais en inglés.

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades ten aberto o prazo para participar nesta iniciativa ata o vindeiro 9 de setembro para o alumnado da ESO. A actividade será de balde para as familias e a experiencia inmersiva desenvolverase durante unha semana no Albergue Xuvenil de Gandarío, en Bergondo.

 

Ligazón

Nova convocatoria probas de certificación lingüística

Tal e como comentabamos hoxe, xa saíu a convocatoria de probas de certificación da Xunta polo que achegamos a información das probas Trinity tal e como as tivemos o curso pasado.

Tedes de prazo un mes desde a publicación da convocatoria que saíu o 16 de xuño, é dicir, ata o vindeiro 16 de xullo, pero adiouse ata o 23 de setembro.

Distribuir contido


by Dr. Radut