Skip to Content

Inglés

Axudas para programas de inmersión lingüística en Canadá, Reino Unido, Francia e Portugal

 

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade convoca 525 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022. Poderá solicitar estas axudas o alumnado de Bacharelato de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia dos cursos que aparecen na páxina AxudasLe ata o 28 de febreiro.

Probas certificación idioma B1, B2 e C1

Nos próximos días confirmaremos as datas dos exames que serán probablemente na segunda semana de decembro. Máis información:

Programación didáctica 2021/22

Programacións Intra 1º ESO e 1º BAC

Esta materia como está asignada á biblioteca a insertamos no departamento de inglés pois a xefe de departamento

é a persoa responsable da mesma.

Banco de recursos para as probas de certificación lingüística de idiomas

Nesta sección ides atopar un banco de probas de certificacións de inglés das últimas convocatorias a nivel nacional. Xa están incluídos os enlaces do Trinity College que serán os que fagan as probas. Para velo mellor premede no icono superior dereito para ampliar o padlet.

 

Probas de certificación de linguas estranxeiras

Os alumnos que cursen no 2021/22 4ºESO, 2ºBAC ou 1º BAC poden certificar a súa competencia lingüística en B1,B2 ou C1...ler os docs adxuntos e a Orde do 27 de maio.

Programación didáctica 2020/21

Na Programación deste departamento se inclúe a materia de Investigación e Tratamento da Información (Intra) de 1º ESO

Readers gratuítos ata o 30 de xuño

A editorial Oxford pon a nosa disposición 148 readers gratuítos na plataforma Oxford Learner's Bookshelf para disfrutar da lectura, seguir aprendendo e por suposto, seguir as indicacións do departamento como veredes nos adxuntos.

Aclaracións sobre os libros dixitais

Como vemos que algún alumno ten dificultades para moverse dentro do libro dixital, deixamos aclaracións no adxunto que aínda que pon de exemplo o libro de 2º ESO serve para calquera outro.

Licencias dixitais para os libros de texto de inglés

A editorial Oxford University Press facilitounos as licencias dixitais dos libros de texto que estamos a empregar para poder continuar coa nosa programación, reforzar e recuperar os contidos xa avaliados.

Distribuir contido


by Dr. Radut