Skip to Content

Ciencias Naturais

Visita ao Museo de Historia Natural e o porto de Ferrol

O pasado 27 de febreiro o alumnado de 1º da ESO visitou o Museo de Historia Natural de Ferrol, así como as instalacións do porto exterior. Deixámosvos a reportaxe gráfica das dúas visitas.

Olimpíada de Xeoloxía

O pasado 7 de febreiro, o alumnado de Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais de 1º de Bacharelato participou na fase autonómica da Olimpíada de Xeoloxía, que este curso, na provincia da Coruña levouse a cabo no IES de Cabo Ortegal, en Cariño. Primeiro foron recibidos no IES e, a continuación fixeron unha xincana por grupos na contorna do Cabo Ortegal. Posteriormente realizaron unha proba individual tipo test. Pola tarde tiveron a oportunidade de facer unha visita guiada por Cabo Ortegal e a Serra da Capelada, dirixida polo doutor en Xeoloxía Francisco Canosa. Deixámosvos a reportaxe gráfica do día!

Visión do corpo durante a RCP en 3D

Tras a charla sobre a RCP e outros procedementos que salvan vidas, sería interesante que vírades a importancia de aplicar a intensidade e ritmo correctos, mirade de que xeito podemos marcar a diferencia e como a nosa intervención pode non servir para nada.

Charla-taller sobre primeiros auxilios

Hoxe, tanto profesorado do IES, como o alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato, tivemos a oportunidade de asistir a unha charla-taller sobre primeiros auxilios impartida por un médico do 061. Nela explicounos como proceder cando unha persoa se atopa inconsciente, como realizar a reanimación cardiopulmonar, como manexar un desfibrilador semiautomático e como actuar fronte a un caso de atragoamento, tanto en adultos coma en lactantes.

 

Materias do Departamento de Bioloxía

No seguinte tríptico tedes unha breve explicación sobre as materias que oferta o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía na etapa do Bacharelato.

Charla sobre doazón de tecidos e órganos

O alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º da ESO e 1º de Bacharelato asistiu hoxe a unha charla impartida por persoal médico do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña na que puido aprender sobre a doazón de tecidos e órganos, sobre o rexeitamento que se produce nos trasplantes, así como sobre que hai que facer para convertirse en doador.

 

O alumnado de Bioloxía de 1º de Bacharelato visita a Domus

O pasado 29 de novembro, o alumnado de Bioloxía de 1º de Bacharelato tivo a oportunidade de realizar un Laboratorio Aberto na Domus sobre o proceso de síntese dun novo fármaco que se está a investigar para a cura do parkinson.

 

Erasmus + KA2 DADA

No Programa Erasmus + KA2 DADA os alumnos de 3ºESO do curso pasado fixeron unha actividade conxunta có alumnado de Alemaña, identificando as prantas invasivas que temos na nosa contorna. O mapa que resulta é o que vedes na imaxe e podedes visualizar no enlace e que está a medrar, indicando a localización e os datos da pranta atopada.

Distribuir contido


by Dr. Radut