Skip to Content

Novas

Convocatoria ordinaria de prazas de aloxamento USC

Nova importante para o alumnado que marche a estudar á Universidade de Santiago de Compostela (USC) nos campus de Lugo e Santiago de Compostela.

Está aberto o prazo de solicitude de aloxamento en residencias da USC.

O prazo para entregar as solicitudes remata o próximo 28 de xuño ás 14:00 horas.

Adxúntase un documento coa información.

Convocados os premios extraordinarios da ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2021/22

O prazo de presentación de solicitudes serán dun mes; comezará o día 31 de maio de 2022 e rematará o día 30 de xuño de 2022.

No documento adxunto, aparecen os enlaces para consultar o procedemento.

Sesión coas familias sobre a prevención de condutas aditivas

Os días 26 de maio e 2 de xuño celebraranse na Casa da Cultura de Neda, de 17:00 a 19:00 horas, unhas sesións informativas sobre o papel das familias na prevención de condutas aditivas. É necesario inscribirse, enviando a folla de inscrición adxunta ao enderezo electrónico servizos.sociais@fene.gal antes do 25 de maio.  

Participación no fondo solidario de libros de texto, axudas para adquirir libros de texto e material escolar

Publicada a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2022-2023.

Indicacións para as Probas de Acceso á Universidade (ABAU)

Adxúntanse unhas indicacións para a realización das ABAU (Probas de Acceso á Universidade).

Podedes consultar os horarios dos exames aquí.

Documentos aprobados en Consello Escolar

O mércores 27 de abril en sesión ordinaria do Consello Escolar foron aprobados os seguintes documentos:

-Calendario fin de curso 2021-2022

-Criterios de avaliación, promoción e titulación na ESO e Bacharelato. 

Premios extraordinarios Bacharelato 2021-2022

Prazo para facer a solicitude dende o 26 de abril ata o 25 de maio de 2022.

O alumnado candidato deberá realizar unha proba externa e presencial nos lugares que estipule a Consellería.

Haberá un máximo de 20 premios de 1000 € cada un.

Poden consultar a convocatoria aquí.

 

 

 

Directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo

Directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Dirección Xeral de Saúde Pública

Calendario CIUG ABAU 2022

Calendario CIUG ABAU (Convocatoria Ordinaria e Extraordinaria) 2022

Admisión alumnado

Todo o alumnado que presentou solicitude de admisión no noso centro está admitido. 

Distribuir contido


by Dr. Radut