Skip to Content

Visita do alumnado de 4º ESO e Bacharelato á exposición "A fuxida do Bou Ramón"

 

 

A pasada semana, o alumnado de 4º da ESO e Bacharelato asistiu, na Casa das Palmeiras do Concello de Neda, á exposición fotográfica titulada A fuxida do Bou Ramón, á que tamén asistiu unha representación do Concello.

 

A visita estivo guiada por membros da Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, que explicaron a historia de 27 republicanos da comarca que, agochados durante toda a guerra, conseguiron partir desde Ares no bou Ramón o 20 de xullo de 1939, chegando a Francia e recuperando a liberdade. Fuxían así de condenas a morte seguras.

 

O alumnado puido reflexionar a través desta experiencia sobre a importancia da solidariedade e a loita pola liberdade, así como coñecer este importante episodio da Historia da comarca.

 

 



blog | by Dr. Radut