Skip to Content

David Rubín no Esquío

David Rubín

David Rubín, un dos mellores debuxantes de comic da actualidade e ourensán, veu visitarnos a semana pasada. Quedamos asombrados coa súa técnica, coa súa obra, e sobre todo coa súa simpatía.

O traballo de David é recoñecido internacionalmente. Para nos é un orgullo contar no noso centro coa súa presencia. Estivo divertido, amable e achegounos ao traballo dun autor gráfico. É un dos autores que están a revolucionar a banda deseñada en Galicia e no resto do estado.
No blog da biblioteca podedes atopar máis datos sobre él.
Que volva pronto, por favor.



page | by Dr. Radut