Skip to Content

Teatro. Té con Kant

Te con Kant

O pasado venres 27 de febreiro as alumnas e alumnos de 4º da ESO do noso instituto asistiron á representación teatral, no Torrente Ballester de Ferrol, da obra con Kant, producida por Inversa teatro e escrita, dirixida e interpretada por María Caparrini e Marta Pérez.

O espéctaculo, de contido filosófico e carácter didáctico, comeza coas actrices ubicadas no extremo dun burato de verme que, ao conectar unha das pontes da Konisberg de finais do século XVIII coa ponte de As Pías de Ferrol, as sumerxe,según nos contan, nun contexto cultural, tecnolóxica e socialmente ben afastado dos salóns ilustrados nos que habitualmente reuníanse e tomaban o seu té.

A través do vestiario, a maquillaxe, os videos, a música e, especialmente, a través dos diálogos as actrices contribúiron a suxerir en nós a imaxe dun intelectualismo ilustrado excesivamente volcado en debates meramente teóricos acerca da igualdade e a libertade. Neste extremo do burato de berme, coa perspectiva contemporánea, as persoaxes replanteanse a situación social da muller do seu tempo e percátanse do desinterese dos filósofos, -especialmente do seu amigo Kant-, por cetas cuestións básicas, esas que, según nos explicn, tanto lles reprocharía Marx ter ignorado: a vida material das persoas, a alienación  dos e as traballadoras ou o déficit democrático do despotismo ilustrado.

 Nesta tesitura, Teodora e a súa amiga plantexanse unha cuestión esencial: quedar ou volver atravesar o burato de verme ata a súa cidade?. As mozas e mozos asistentes tomaron democraticamente a decisión.

 

Te con Kant
 Te con Kant

 


 



page | by Dr. Radut