Skip to Content

Libros de texto Curso 2023-2024

Achégase a listaxe de libros de texto para o curso 2023-2024.

Concurso marcapáxinas Letras Galegas 2023

Xornadas de Portas Abertas EPEF

O venres 23 de xuño vaise celebrar na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) da Universidade da Coruña unha Xornada de Portas Abertas. Nela daranse a coñecer as titulacións que se impaten  no centro, así como os seus principais laboratorios.

Formulario de inscrición

Convocatoria dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico Curso 2022-2023

Mañá, 31 de maio, iníciase o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2022-2023 (código de procedemento ED311D) cuxa orde de convocatoria publicouse no DOG o pasado 14 de abril.

O prazo de presentación de solicitudes é do 31 de maio ata o 30 de xuño.

Xornadas con familias

O concello de Fene e a agrupación de concellos de Mugardos e Neda desenvolven o proxecto de prevención de condutas aditivas, no que se enmarcan o programa familiar “ MAS QUE UN TEITO”, subvencionado pola Consellería de Sanidade.

Participación do noso centro no Programa escolar de consumo de froitas, hortalizas e leite

O noso centro está adherido a esta campaña, financiada con fondos  galegos, españois e europeos, que fomenta o consumo de froitas e lácteos entre o alumnado.

Durante dúas semanas, este terá acceso diario, no tempo de lecer, a estes produtos.

Visita de autores: Francisco Narla

Ler sobre a visita no blog do club de lectura.

Participación no Plan Proxecta+

Este curso os dous grupos de 2º ESO participan no Plan Proxecta+ na actividade: "Apuntámonos a non beber".

Encontros virtuais da USC

Do 16 ao 21 de xuño terán lugar os Encontros Virtuais da USC. Máis información na ligazón.

Ligazón

Convocatoria de folga de transporte

Hoxe recibimos a comunicación da convocatoria de folga de transporte de viaxeiros en autobús por estrada que comezará previsiblemente o día 18 de maio de 2023.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut