Skip to Content

Reservas Curso 2024/25 centros adscritos

Todas as reservas realizadas por parte de alumnado de centros adscritos foron admitidas polo que quedan prazas libres para alumnado de centros NON adscritos que desexen incorporarse ao IES Fernando Esquío no curso 24/25.

Día non lectivo

O xoves 16 de maio de 2024 é o día non lectivo elixido polo centro e autorizado pola Xefatura Territorial.

Admisión Curso 2024/25

Alumnado de novo ingreso procedente de centros non adscritos (Prazo: do 1 ao 20 de marzo)

Presentación de solicitude de admisión única:

V Xornadas de Orientación Académica e Profesional de Ferrol

O alumnado de 4º de ESO, 1º de BAC e 2º de BAC, participará o mércores 28/02/2024 nas V Xornadas de Orientación Académica e Profesional de Ferrol, no Auditorio e no Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño, en Ferrol.

Participantes confirmados

Escaleta de relatorios

Benvida aos novos alumnos

Festival de Entroido 2024: O mundo do cómic

Estos son os gañadores no concurso de disfraces 2024, premede aquí para ver a galería de fotos e os vídeos.

Viaxe a Grecia 2024

Olimpíada de Xeoloxía

O pasado 7 de febreiro, o alumnado de Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais de 1º de Bacharelato participou na fase autonómica da Olimpíada de Xeoloxía, que este curso, na provincia da Coruña levouse a cabo no IES de Cabo Ortegal, en Cariño. Primeiro foron recibidos no IES e, a continuación fixeron unha xincana por grupos na contorna do Cabo Ortegal. Posteriormente realizaron unha proba individual tipo test. Pola tarde tiveron a oportunidade de facer unha visita guiada por Cabo Ortegal e a Serra da Capelada, dirixida polo doutor en Xeoloxía Francisco Canosa. Deixámosvos a reportaxe gráfica do día!

 

Viaxe a Grecia

 

Do 8 ao 13 alumnos de 4º ESO e 1º,2º BAC viaxan a Grecia para percorrer varias localizacións. Nos adxuntos atoparedes a guía da viaxe con un QR de Google maps, así como os boletíns das visitas ao Museo Arqueolóxico e o da Acrópolis. Tamén podedes acceder ao Google Earth da visita.

Esperamos ter bo tempo e que todo o alumnado disfrute desta oportunidade de coñecer o berce da civilización occidental.

Novo Blogue da aula de Música: Cantares do Esquío

Este é o novo blogue da aula de música, premede aquí para acceder, tamén podedes entrar no enlace da barra da dereita.

Distribuir contido


by Dr. Radut