Skip to Content

O IES Fernando Esquío na Festa da Francofonía

 

Durante os días 8 e 9 nas rúas de Vilanova o idioma máis escoitado foi o francés. Mil douscentos alumnos desta lingua, de doce institutos galegos, conviviron durante catro días no municipio grazas ó encontro Francofonía. O martes celebraron o día grande co Festival da Canción Francesa. Eles son só sete dos 1.2000 estudantes de francés, de institutos de toda Galicia, que durante catro días están vivindo en Vilanova “Francofonía”. Un encontro estudantil que busca, ademais de mergullarse na cultura francesa, perfeccionar o idioma, descubrir o municipio arousán e fomentar o vínculo entre o alumnado dos 12 centros que participan entre eles o noso, o IES Fernando Esquío.

Algúns dos rapaces levan anos acudindo a estas xornadas que cada temporada organiza o IES Basella de Vilanova, e así, créanse grandes lazos de amizade. O alcalde vilanovés, Gonzalo Durán, que confesou revivir a súa xuventude durante estes días cos rapaces visitantes, subliñou a relevancia de dar a coñecer a vila entre familias de toda Galicia . O xoves, último día da Francofonía, será a xornada gastronómica, con degustacións da cociña máis tradicional do país galo.

Nuns días poderedes falar coa profesora de francés para pedirlle as fotos do evento.



blog | by Dr. Radut