Skip to Content

Entrega das Becas Fernando Blanco

Cerimonia de entrega das Becas Fernando Blanco

O pasado sábado 8 de setembro de 2012 tivo lugar a entrega das Becas-Premio Fernando Blanco 2011/12. Organizadas conxuntamente polo I.E.S. Fernando Blanco e pola Fundación Fernando Blanco de Lema, entidade, esta última, que conta co patrocinio do Concello de Cee e da empresa FerroAtlántica. Estas becas foron creadas co fin de recoñecer o esforzo e adicación dos alumnos deste emblemático centro educativo.

A cerimonia celebrouse no Salón de Actos do centro ás 12,30 horas e contou coa presenza dos membros do Padroado da Fundación Fernando Blanco de Lema, profesorado do I.E.S Fernando Blanco, representantes das casas colaboradoras, representación de FerroAtlántica e familiares dos alumnos premiados.

Entregáronse un total de 5 becas aos mellores expedientes académicos de 2º da E.S.O., 1º de Bacharelato, 1º de Ciclo Medio de Xestión Administrativa, 1º de Ciclo Superior de Administración e Finanzas e 1º de P.C.P.I., correspondentes ao curso 2011-2012.

Os agraciados foron:

- Arnoldas Ostarsevicius (1º P.C.P.I, cunha nota media de 8,57)

- Sergio Grandío Rodríguez (2º da E.S.O, cunha nota media de 9)

- Fernando Santiago Pequeño Leis (1º Bacharelato, cunha nota media de 8,9)

- Alba Cacheda Lago (1º Ciclo Medio de Xestión Administrativa, cunha nota media de 9,2)

- Juan Cambeiro Otero (1º Ciclo Superior de Administración e Finanzas, cunha nota media de 9,4)

Cada unha das becas está valorada en 512 € (200 € en metálico e 312 € en vales de compra), e son posibles grazas á colaboración da Estación de Servizo Bazarra, Librería Trazos, Ler Librerías, Fersi Papelería, Aurora Sport, Cabo Sport, Grupo Santitel, NovaGalicia Banco, Centro Comercial Finisterrae e a Deputación Provincial da Coruña.



page | by Dr. Radut