Skip to Content

As Sophias

Actividade As Sophias

 

Cantas pensadoras forman parte dos currículos oficiais da materia de Filosofía? Até o momento, ningunha. Non é que non existan, é que foron esquecidas. Para cubrir este oco nace a webserie Sophias, sobre mulleres e Filosofía, da que nos falou Carme Adán, que está á fronte do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega. Adán, tamén ela profesora de Filosofía, estivo este mércores, 29 de marzo, no IES Fernando Blanco, para presentarlles o proxecto ao alumnado de primeiro e segundo curso de Bacharelato.

A través do pensamento de autoras como Hanna Arendt, Judith Butler, Simone de Beavoir, Simone Weil ou a galega María Xosé Agra, Carme Adán falou de conceptos como liberdade, igualdade, poder, violencia ou xénero. Porque, como explicou, contar coas filósofas non é cuestión só de visibilizar senón tamén de repensar conceptos clave da historia do pensamento. O alumnado tivo oportunidade, ademais, de visionar algún dos capítulos da serie, que están á disposición do público nesta ligazón.



page | by Dr. Radut