Skip to Content

Becas-Premio Fundación Fernando Blanco de Lema 2022-23

A Fundación Fernando Blanco de Lema e o IES Fernando Blanco veñen de convocar as Becas-Premio Fernando Blanco, correspondentes ao curso 2022-2023.

Tras o éxito das convocatorias anteriores, Fundación e Instituto seguen a lembrar con elas que o obxectivo de D. Fernando Blanco de Lema foi a construción na súa vila natal, dun centro de primeira e segunda ensinanza, cuxa finalidade era a correcta formación dos alumnos/as da comarca, buscando con iso que non tivesen as carencias formativas que el, e outros tantos como el, tiveron nas súas infancias. Que mellor maneira de lembrar este feito que a través duns Premios que leven o seu nome, destinados a recoñecer o esforzo do alumnado deste emblemático centro educativo.

Ao igual que en cursos pasados, as devanditas Becas-Premio teñen por finalidade premiar a 5 dos mellores expedientes académicos do IES Fernando Blanco (cursos: 1º de F.P. Básica; 3º da E.S.O; 1º Bacharelato; 1º de Ciclo Medio e 1º de Ciclo Superior). Cada unha das Becas-Premio está valorada en 500 € (parte en metálico e parte en vales de compra a consumir nos establecementos colaboradores).

Os alumnos/as que opten a estas Becas-Premio deberán ter todas as materias aprobadas en xuño, cunha nota media mínima de 8,5.

BASES DAS BECAS-PREMIO



page | by Dr. Radut