Skip to Content

Probas de acreditación lingüística 2022-2023

O obxectivo principal destas probas é acreditar a competencia en lingua estranxeira do alumnado, nos niveis de competencia B1, B2 ou C1, descritos no Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL), segundo corresponda.

Poderá participar alumnado que curse 4º da ESO, ciclos formativos de FP ou bacharelato no curso 2022/23.

As probas que realizará o alumnado corresponderanse co nivel B1, B2 ou C1 (segundo decida o alumnado coa orientación do seu profesorado de lingua estranxeira) e terá que ser unha das probas recollidas no Anexo da Orde do 21 de xuño de 2016.

Serán os departamento de lingua estranxeira os encargados de organizar as probas durante o curso 2022/23, informando debidamente ao alumnado seleccionado segundo os criterios aprobados no centro educativo.

O alumnado interesado deberá entregar antes do 21 de setembro de 2022 o compromiso de participación cuberto e asinado na secretaría do IES Fernando Blanco.

Pódese descargar o compromiso no seguinte link:

COMPROMISO DE PARTICIPACIÓN

TEXTO DA RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA



page | by Dr. Radut