Skip to Content

MOBILIDADE ERASMUS AO PORTO

Mónica Arca, Maite Rivas e Francisco Agulló xunto a outras 3 participantes
 
As nosas compañeiras do departamento de Administración e xestión Mónica Arca e Maite Rivas, xunto co noso compañeiro do departamento de Electricidade e electrónica Francisco Agulló, realizaron unha Mobilidade Erasmus+ de profesorado ao Porto, na Semana Internacional no ISAG, Instituto Superior de Administração e Gestião onde se reuniron máis de 30 representantes de institucións de máis de 15 países entre os días 2 e 5 de Maio.
 
Durante os días de estadía tiveron sesións de networking, un curso de portugués, workshops de sustentabilidade impartidos por docentes visitantes de Camboxa e Italia, un workshop de cociña tradicional portuguesa e realizáronse tamén 2 workshops de innovación presentados por docentes de Moldavia e Armenia.
 
No último día fixeron unha visita cultural por Porto e unha visita polas caves de Sandeman Port Wine Cellar.
 


page | by Dr. Radut