Skip to Content

Visita a Jelgava

O noso compañeiro Luís Gesto Lois, do departamento de mantemento de vehículos, ven de participar nun programa europeo de mobilidade para profesorado, enmarcado dentro do programa Erasmus+ : KA1 - Mobility of statff in Vocational Education and Training.


O obxectivo do programa é establecer contactos con centros de formación e empresas no estranxeiro, para posibles intercambios de alumnado de ciclos formativos ou a realización da FCT noutro país da unión europea.


Nesta ocasión a visita realizouse a Jelgava, unha pequena cidade a 45km de Riga, capital de Letonia.

Os participantes coas anfitrioas



page | by Dr. Radut