Skip to Content

Certame Beatriz da Serra

O venres 25 de xuño fixemos entrega nos xardíns da biblioteca de Baiona dos premios do II Certame de poesía Beatriz da Serra, organizado polos equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Escolas Proval, IES Terra de Turonio e do CEIP Carlos Casares. As gañadoras deste ano recitaron os seus micropoemas, xunto ás premiadas do ano pasado dado que non tiveran a oportunidade de celebralo por mor da pandemia. Ademais, contamos coa recreación musical de poetas galegas de antano e hogano a cargo de Luís o Caruncho, como Rosalía de Castro, Marica Campo, Xela Arias ou Marta Dacosta. Entre os premios, un lote de libros e unha escultura de Antón Román. Grazas, Marisa e Marta, por promover entre o noso alumnado o amor pola poesía e polo galego, e ás nosas magníficas presentadoras, Dessi, Jimena e Tania! Noraboa ás premiadas do primeiro certame (Iria Pazos, Noa Sabín, Iria Ludeña, Irene Pérez, Clara Rey e Helena Iglesias) e do segundo (Adriana Gómez, Laura Burgo, Isis Acea, Lucía Martínez, Jimena Costas e Paula Álvarez) e a todas e todos os participantes! Que medre a canteira de poetas do Val Miñor!

Acto de graduación de 4º ESO

Mulleres na historia

Este ano, dentro da materia de Igualdade, o noso alumnado de 1º e 2º ESO foi instruído na creación de vídeos pola produtora creativa Illa Bufarda mediante o obradoiro de creación audiovisual "Mulleres na historia". Logo dunha primeira parte teórica no instituto, a rapazada tivo que elaborar unha escaleta para entrevistar a mulleres da familia ou da contorna que contaron as súas propias experiencias de vida. Como resultado deste traballo, velaquí tedes a montaxe final que recolle as vivencias de Rosita (Isis Acea), Charo (Noelia Carro), Belén (Daniel García), Margarita (Saray Prado), Olivia (Blanca Fernández), Ana María (Aitana Quintas), Carmen (Alba Rodríguez), Macarena (Dessiré González) e Loli (África Cuña). Moitas grazas a estas nove mulleres, testemuño vivo dun cacho da historia do Val Miñor, e parabéns ao alumnado que nos permititu visibilizalas!

 

SOLICITUDE CICLOS

Este ano non hai período de solicitude de ciclos superiores en setembro. Podedes consultar máis información na ligazón ciclosadmisión e na web da Consellería de Educación.

 

Concurso de fotografía Covid e medioambiente

Xa coñecemos as e os gañadores dos premios de fotografía "Covid e medioambiente"! Parabéns polas vosas imaxes, testemuño da nosa historia máis recente!!!

1º: Lucía Rodríguez (3º ESO

2º: Xoán Carballal (2º ESO)

3º: Lorena Diz (4º ESO)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut