Iniciar sesión |
Diversidade afectivo-sexualEnviado por iesproval o Dom, 2020-01-26 19:43
Esta semana o noso alumnado de 1º ESO, 4º ESO e FPBásica II puido reflexionar sobre o "tratamento da diversidade afectivo-sexual e de xénero nas aulas", grazas ás charlas impartidas por Elisabet Pérez Costas, portavoz da asociación viguesa Nós Mesmas, entidade defensora dos dereitos das mulleres lesbianas, bisexuais e transexuais.
( categories: )
Patinaxe sobre xeoEnviado por iesproval o Dom, 2020-01-26 19:29
Este mes o noso alumnado de 2º ESO, e o grupo de "Hábitos de vida saludable" de 1º ESO realizou unha saída lúdico-didáctica a Vigo; foi de patinaxe á pista de xeo de Samil, visitou a vila romana de Toralla e realizou unha visita guiada ao Museo do Mar. ( categories: )
Torneo fútbolEnviado por iesproval o Dom, 2020-01-26 19:16
Parabéns aos gañadores do torneo de fútbol, o "Rápido de avarías", integrado polos alumnos de 1º do ciclo superior de Administración e finanzas: Gonzalo Moreira, José Luis Rodríguez, Adrián Misa, Alex Hidalgo, Andrés Romero, Víctor Pérez e Pablo Veloso. Noraboa tamén para os finalistas, "Os guapos", e grazas ao resto de participantes, así como aos organizadores de 1º de bacharelato! ( categories: )
Proxecto ProDaesEnviado por iesproval o Mér, 2020-01-22 20:48
Infórmase ás familias de que, a partir de mañán, o alumnado de 3º e 4º ESO, bacharelato e FP Básica comezará a realizar as enquisas do proxecto ProDaes. Dirección do IES Escolas Proval ( categories: )
Programa Refórza-TEnviado por iesproval o Xov, 2020-01-16 13:55
Hoxe comeza a desenvolverse no noso centro o programa REFÓRZA-T (Reforzo, orientación e apoio) para o curso 2019-20. Este programa da Conselleria de Educación ten como obxectivo mellorar o rendemento académico do alumnado por medio do traballo ou apoio organizado fóra do horario lectivo, para a adquisición das destrezas básicas, especialmente en matemática, ciencia, tecnoloxía e comunicación lingüística. Premendo neste enlace podes consultar o itinerario do autobús coas paradas respectivas. Torneo briléEnviado por iesproval o Ven, 2020-01-10 15:48
Nos torneos deportivos celebrados nos recreos durante o primeiro trimestre deste curso, organizados polo departamento de Educación Física xunto co alumnado de 1º bacharelato, resultou gañador o equipo de "Os Palilleiros", grupo integrado por Manuel Sanromán, Edgar Pazos, Borja de Saa, Yeray Pazos, Pablo Camesella e Agustín Fernández. Agardaremos a semana que vén para coñecer os gañadoes do torneo de fútbol... Parabéns aos campións, semifinalistas e a todxs os participantes e organizadores destes fantásticos eventos deportivos! Selecciona a foto inferior para ver o álbum desta actividade
( categories: )
Presentación ESAEnviado por iesproval o Xov, 2020-01-09 23:44
ESA 2º e 4º cursos (13 de febreiro - 19 de xuño 2020) A presentación e inicio das clases de 2º e 4º da ESA terá lugar o próximo 13 de febreiro ás 18:30 horas na Aula Multiusos (ximnasio) ( categories: )
José Manuel Ceide LópezEnviado por iesproval o Mar, 2020-01-07 17:03
A Dirección, o Claustro do profesorado, o Departamento de Electrónica, o Persoal de Administración e Servizos e a comunidade educativa do IES Escolas Proval lamentan con triste e profundo pesar o falecemento, no día de hoxe, do profesor José Manuel Ceide López, quen impartiu docencia e maxisterio neste centro durante máis de trinta anos. Unimos a nosa dor á da súa familia e á de todos aqueles amigos/as, compañeiros/as e alumnos/as que compartiron o seu camiño. Descanse en Paz. ( categories: )
CeideEnviado por iesproval o Mar, 2020-01-07 16:03
( categories: )
AlejandroEnviado por iesproval o Mar, 2019-12-31 19:40
Toda a comunidade educativa do IES Escolas Proval quere expresar o seu agarimo aos familiares e achegados de Alejandro D.M. nestes momentos tan duros. O noso máis sentido pésame.
![]() |