Eventos
Iniciar sesión |
Comprometidos pola igualdadeEnviado por iesproval o Mér, 2019-12-04 10:48
A través de diferentes actividades desenvoltas na semana do 25 de novembro, o IES Escolas Proval reafirma o seu compromiso coa igualdade efectiva de xénero e traballa na súa concienciación entre toda a comunidade educativa. Selecciona a foto inferior para ver o álbum das actividades Gañadores no concurso galego de RobóticaEnviado por iesproval o Ven, 2019-11-29 19:45
Parabéns ao noso alumnado de 1º do ciclo medio de Instalacións de Telecomunicacións, tras obteren o 1º premio no "X Obradoiro e concurso galego de Robótica. A maxia da Robótica", na categoría de Bacharelato-FP.Esta actividade -promovida por Igaciencia e desenvolvida en colaboración co servizo municipal de Educación do concello da Coruña- celebrouse ao longo desta semana no IES Ramón Menéndez Pidal e nel participaron máis de 1200 alumnos e alumnas dunha trintena de centros de toda Galicia. O obxectivo deste obradoiro de programación e robótica é conseguir que o alumnado participante adquira os conceptos computacionais básicos para comunicarse e saber como darlle ordes a un robot, e xestionar múltiples aspectos da vida cotiá, cunha aprendizaxe colaborativa que combina creatividade con pensamento algorítmico. Os premios aos gañadores entregáronse este venres 29 de novembro ás 17.00 horas no salón de actos deste centro coruñés.
Noraboa ao equipo gañador formado por Gabriel, Aarón, Ismael, Pedro Hermida e Pedro Rodríguez; aos seus profesores, Ricardo Santos e José Carlos García; e, como non, a tod@s os participantes na edición deste ano!( categories: )
Resolta a convocatoria de bolsas Erasmus+ para Ciclos de FPEnviado por iesproval o Xov, 2019-11-28 11:10
Resolta a convocatoria de bolsas de mobilidades para a realización da FCT por parte do alumnado de ciclos medios e ciclos superiores de FP. Language PlanningEnviado por iesproval o Mér, 2019-11-27 18:48
Esta mañá acudimos co noso alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato ao Auditorio do concello de Nigrán para presenciar a peza Language Planning. Este espectáculo de Os Quinquilláns Teatro -en colaboración coa editorial Galaxia- mestura relatos de Made in Galiza, de Sechu Sende, con textos de Nuñez Singala, notas de humor retranqueiro e apuntamentos sociolingüísticos, para facernos reflexionar sobre a problemática diglósica que aínda sofre a nosa terra. A partir dun leve fío argumental -a existencia, desde hai séculos, dun plan a grande escala conducente a roubarnos as palabras e a que deixemos de usar o galego-, esta montaxe teatral obríganos a tomar conciencia sobre os factores que poden incidir na desaparición da lingua, como a perda de falantes, a ruptura xeracional, a perviviencia dos prexuízos... Como podemos evitalo? Falando o galego sempre e en todos os ámbitos e, sobre todo, sentíndonos orgullosos de termos unha lingua de noso tan fermosa. ( categories: )
Matrícula 2º e 4º ESAEnviado por iesproval o Lun, 2019-11-25 20:01
O prazo para matricularse en 2º e 4º da Educación Secundaria de Adultos será do 8 ao 17 de xaneiro de 2020. ( categories: )
En loita contra a violencia de xéneroEnviado por iesproval o Dom, 2019-11-24 19:29
Co gallo do Día Internacional contra a violencia de xénero, o noso centro vén desenvolvendo estes días diferentes actividades encamiñadas a sensibilizar o alumnado e conciencialo sobre a necesidade de erradicar os malos tratos que sofren as mulleres acotío. Deste xeito, a semana pasada asistimos á perfomance de María Vallina, Anástrofe, co apoio do concello de Nigrán e da Deputación, e participamos no vídeo do Club Baloncesto Nigrán "Un balón por cada vítima". Elaboramos, así mesmo, un gran mural co título "Os nomes silenciados" en homenaxe ás máis de cincuenta mulleres asasinadas e aos seus fillos e fillas, tamén vítimas da violencia machista. Ademais, elaboramos e colocamos cartelería en cada recuncho do centro, e reflexionamos xuntos nas aulas. Nos recreos da semana do 25-N leremos textos literarios dentro da campaña "Palabras que son berros" e proxectaremos audiovisuais co fin de seguir reivindicando o papel da muller na sociedade e a súa loita contra as inxustizas. Con todo, o noso labor a prol das mulleres non rematará no mes de novembro, senón que desde o Equipo de Igualdade seguiremos deseñando iniciativas para visualizar unha lacra social que, por desgraza, vai en aumento, e asemade educando para que a nosa xuventude non mire cara a outro lado nos casos de violencia contra as mulleres... ( categories: )
Outono de cogomelosEnviado por iesproval o Mar, 2019-11-19 17:37
Como todos os anos polo outono, alumnos e alumnas de 1º ESO recolleron cogomelos, clasificáronos e mesmo os ilustraron, axudados polo profesorado de bioloxía, xunto a outros expertos/as na materia. Entre as vinte e cinco especies analizadas, destaca a peculiar Chlathus archeri, con fasquía de estrela de mar vermella de catro puntas, máis coñecida popularmente como "man do demo". Xa podedes ver a galería de fotos da exposición premendo na imaxe de abaixo... Parabéns polo voso traballo!
( categories: )
AnástrofeEnviado por iesproval o Sáb, 2019-11-16 20:54
No marco das actividades que estamos desenvolvendo co fin de concienciar o noso alumnado sobre a necesidade de erradicar a violencia de xénero, insírese a performance que nos ofreceu María Vallina o pasado 11 de novembro: Anástrofe.
Con esta representación pechouse a cuarta edición do programa da Deputación de Pontevedra "Mulleres en acción. Violencia zero". Na compaña das deputadas Isaura Abelairas e Raquel Giráldez -alén do alcalde, Juan González, e das concelleiras de igualdade, Patricia Diego, e de educación, Marina Vidal-, profesorado e alumnado puidemos interactuar coa artista asturiana nunha simbólica peza de "inversión" ata reflexionarmos sobre o noso papel na sociedade fronte a violencia que sofren as mulleres desde as tarefas máis cotiás; porque, en definitiva, non podemos ficar pasivos ante a desigualdade, e cómpre que todos e todas nos impliquemos nun cambio necesario! ( categories: )
Ánimas e castañasEnviado por iesproval o Xov, 2019-11-14 14:25
O pasado 8 de novembro, entre o arrecendo a castañas asadas e a cera de candeas queimadas, despedimos o outono cun magosto peculiar, a festa das "Ánimas e castañas". Coas caras tisnadas de cinsa, degustamos doces caseiros, participamos da procesión da Santa Compaña, e gozamos coa música, o baile e os xogos populares, como carreiras de sacos, cadeiras musicais, o xogo das picas, da ra, do pano, da castaña, da mazá, da corda ou da pata de pau. Ademais, celebramos os tradicionais concursos de calacús, epitafios, sobremesas, fotos de outono ou da procesión de ánimas... Feliz Ano Novo Celta! Premendo na foto inferior podedes ver o álbum desta celebración e neste enlace un vídeo coas actividades da xornada ( categories: )
"Reixas, mulleres baixo o terror franquista"Enviado por iesproval o Xov, 2019-10-31 01:31
Como ben argumentaba o noso antigo profesor, Xilberte Manso, todas as nosas accións teñen consecuencias, e como non queremos esquecer a aquelas persoas que padeceron a persecución por soñar, querer, loitar por un mundo máis xusto para todas e todos no que a impunidade non fose a norma, un mundo no que a palabra "democracia" enchese de ilusión os discursos políticos, fomos coñecer a exposición REIXAS-REXAS, grazas ao convite do IEM aos centros de ensino. Na nosa visita escoitamos atentamente todo o que nos contou a súa autora, Montse Fajardo, incansable recolledora de testemuñas de mulleres represaliadas polo réxime fascista triunfante en España despois da Guerra do 36. Para nós non era a primeira vez que oïamos falar da "Volta das Nove", pero si, que hoxe lle prestamos máis atención. Que tería sido da vida das nosas avoas e avós, nais e pais, de non ter sufrido un réxime totalitario?... Preme a fotografía inferior para ver o álbum desta actividade ( categories: )
![]() |