Skip to Content

Mobilidades Erasmus para alumnado de Ciclos Medios

  Publicada a lista de solicitudes seleccionadas.  A información completa pode consultarse neste enlace.

Concurso de deseño "Castelao"

DÍA DE CASTELAO. CONCURSO DE ILUSTRACIÓN E BANDA DESEÑADA

O 30 de xaneiro é o aniversario do nacemento de Castelao. Para lembrar o escritor e debuxante convocamos un concurso de ilustración e banda deseñada inspirándonos en catro dos seus relatos.

CATEGORÍAS: 

  • A) 1º/2º/3º ESO-FPB1
  • B) 4º ESO-FPB2-BAC-CICLOS e ESA

MODALIDADES:

PREMIOS: Haberá tres premios por cada categoría.

BANDA DESEÑADA

  • 1º premio: 50 €
  • 2º premio: 20 €
  • 3º premio: 10 € 

ILUSTRACIÓN

  • 1º premio: 20 €
  • 2º premio: 10 €
  • 3º premio: 5 € 

PRAZOS E ENTREGA DOS TRABALLOS

Os traballos entregaranse ás profesoras de lingua galega ou plástica. Tamén poden enviarse ao seguinte enderezo de correo electrónico: equipoedlproval@gmail.com

A data límite de entrega é o 3 de febreiro.

  • Nos deseños pódese empregar calquera técnica segundo as preferencias do autor ou autora.
  • Os textos deberán estar en lingua galega.
  • Os premios entregaranse en vales para librarías ou para a cafetaría do instituto.

 

 

 

  

Taller de Linkedin

 

O Departamento de FOL organizou unha actividade formativa sobre Linkedin: como crear un perfil e sacarlle o máximo proveito, na que participou o alumnado do Ciclo Superior de Administración e Finanzas. Foi impartida por Carol Juárez e deixou unha fonda pegada no alumnado tanto polos coñecementos como pola forza positiva e motivadora que lle transmitiu.

Nadal 2021

A comunidade educativa do Proval deséxavos unhas felices festas de Nadal e un Aninovo cheo de enerxía e saúde! Vémonos o luns 10 de xaneiro!
 
 
 

 

Visita de estudantes de Educación e Traballo Social da UVigo

O pasado 18 de novembro, recibimos a visita dun grupo de estudantes de Grao da Facultade de Educación e Traballo Social da Universidade de Vigo, acompañados pola profesora María Victoria Carrera Fernández, polo decano da Universidade de Vigo, José Manuel Cid Fernández, e polo catedrático da Universidade de Santiago, Antón Costa Rico. Estes dous académicos participaran activamente xa no Congreso “Emigración e Educación (1900-1936). I Centenario das Escolas da Unión Hispano-Americana Valle Miñor (1909-2009)” celebrado no centro en xuño-xullo do 2009.

Na conferencia, o profesor Costa Rico analizou e describiu a evolución das escolas de indianos nos inicios do século XX, dos que considera as Escolas da Unión Hispano-Americana Valle Miñor -hoxe o noso IES Escolas Proval- exemplo sobresaínte no conxunto destas institucións na Galiza: iniciativa de construción, mecenado, obxectivos da Escola, metodoloxías progresistas, papel da renovación pedagóxica proveniente de América, etc.

A conferencia completouse cunha visita ao edificio histórico e a posta en común das cuestións formuladas polos estudantes que, de seguro, sementarán futuro nas xeracións vindeiras.

Distribuir contido


by Dr. Radut