Skip to Content

Ruta xeolóxica en Monteferro

 O luns 8 de novembro 2021 o alumnado de 2º de Bacharelato das materias de Xeografía e de Xeoloxía realizou unha excursión didáctica a Monteferro, á que tamén asistiu un alumno de 4º ESO. Organizaron e acompañaron a saída o profesor Iván Granja e a profesora Pura González.

 O traballo consistiu fundamentalmente nun estudo da xeoloxía do lugar, pero tamén se fixo observación da paisaxe, dos ecosistemas e dos valores patrimoniais.

  Pódese atopar máis información desta actividade no seguinte documento.

 

Distribución de máscaras entre o alumnado


Segundo a Orde do 28 de outubro do 28 de outubro de 2021 terán deretito a distribución de máscaras:

  • O alumnado que foi beneficiario do vale de material escolar neste curso (recibiraas automaticamente sen necesidade de solicitude)
  • O alumnado que pertenza a unha familia cunha renda per cápita inferiror ou igual a 6000 euros
  • O alumnado  matriculado en Educacion Especial
  • O alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia
  • O alumnado que presente un grao de discapacidade igual ous uperior ao 65%

As solicitudes deben presentarse na Secretaría do centro até o luns 29 entre as 9:00 a 14:00 horas. Poden descargar o impreso de solicitude na ligazón arriba indicada ou pedila directamente no centro.

"Doulle voz ás silenciadas"

CONCURSO DE RELATOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO “DOULLE VOZ ÁS SILENCIADAS”

Trinta e sete mulleres foron asasinadas no que vai de ano polas súas parellas ou exparellas. As noticias ás veces dinnos o seu nome, ás veces non; pasan a ser un número máis, unha vítima sen rostro, sen vida. Nos nosos relatos imos honrar estas mulleres, facéndoas visibles, lembrando que tiñan persoas queridas, ilusións, desexos, preocupacións, familia..., lembrando que tiñan rostro e que estaban vivas.

Para crear o noso relato, lemos o texto coas breves noticias sobre os asasinatos de todas esas mulleres e escollemos unha delas para sermos a súa voz. Destacamos o seu nome, ou se non aparece, poñémoslle nós un nome, que será o título do relato. Logo contamos quen era, que lle gustaba, que facía, a quen amaba. Imaxinamos a súa historia, imaxinámola viva. E falamos por ela, en primeira persoa  ou acompañándoa como unha voz amiga.

O relato terá un mínimo de 200 palabras e un máximo de 300. Presentarase nun documento de texto (word, pdf, odt...) e enviarase ao correo equipoedlproval@gmail.com Data límite de envío: 30 de novembro.

O concurso está dirixido a todo o alumnado e divídese en dúas categorías: A: 1º, 2º e 3º de ESO e 1º FPB /  B: 4º de ESO, 2º FPB, bacharelato, ESA  e ciclos.

Haberá tres premios por cada categoría: 1º premio: 15€ /2º premio: 10€ /3º premio: 5€ Os premios entregaranse en vales para consumir na cafetaría do instituto.

Organiza: Departamento de galego, Equipo de Dinamización da Lingua Galega e Equipo de Igualdade

 

 

Concurso "Relatos orais do Samaín"

Xa queda pouco tempo para participardes no noso tradicional concurso de relato oral “Do Samaín ao San Martiño andan as ánimas que polo camiño” que promove o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o departamento de Galego do Proval. Hai tres premios por categoría: A (1,2,3 ESO e FPBI); B (4 ESO, FPB II, bacharelato, ESA e ciclos). Animádevos a participar cunha gravación terrorífica que non supere os tres minutos! Podes inspirarte en personaxes da nosa tradición como as ánimas da Santa Compaña, o sacaúntos, o home do saco, a bruxa chuchona, a moza da curva, a muller loba... e envía o teu relato en mp3 ao noso correo: equipodlproval@gmail.com antes do 19 de novembro. Agardamos por vós!!
 

Benvida familias ESO+FPB

Convocamos as familias do noso alumnado da ESO e FPBásica a unha reunión informativa de comezo de curso para este próximo mércores 29 de setembro ás 18:00 horas. Rogamos a asistencia dun só membro por alumn@ e insistimos na necesidade de respectar as debidas medidas sanitarias acudindo con máscara e mantendo a distancia de seguridade na medida do posible. Grazas de antemán e benvid@s!

Distribuir contido


by Dr. Radut